Foro- Ciudad.com

Centro Penitenciario de Lugo -monterroso - Lugo

Poblacion:
España > Lugo > Centro Penitenciario de Lugo -monterroso (Monterroso)
16-06-12 07:16 #10208705
Por:Iris Mateluna

O BNG demanda que a Igrexa pague o IBI, como o resto da sociedade
O BNG demanda que a Igrexa pague o IBI, como o resto da sociedade

noticiasgalicia.- O candidato do BNG á presidencia da Xunta de Galiza, Francisco Jorquera, presentou una iniciativa rexistrada no Congresos dos Deputados para rematar cos privilexios fiscais das confesións relixiosas, nomeadamente a Igrexa Católica.

Neste sentido, Jorquera, acompañado polo Grupo Municipal do BNG de Santiago e pola portavoz do Grupo Parlamentar do BNG, Ana Pontón, subliñou que "a superación da crise económica pasa tamén por acabar cos privilexios fiscais, que xunto co enorme volume de fraude fiscal e o inxusto reparto dos impostos, que recaen sobre todo nas clases media e baixa, levaron a unha crise fiscal no Estado español".

Só o concello de Santiago deixa de recadar 200.000 euros ao ano pola exención do IBI á Igrexa E como un primeiro paso para acabar cos privilexios fiscais, o candidato do BNG defendeu "rematar cos privilexios fiscais das confesións relixiosas, unha situación que leva a que só nunha cidade como Santiago a exención do IBI ás confesións relixiosas significa que o Concello de Santiago deixa de ingresar ao ano 200.000 euros en impostos".

Unha proposta razoábel centrada nos bens destinados a fins lucrativos Neste sentido, Francisco Jorquera salientou que "a proposta do BNG é totalmente razoábel, porque é xustificable a exención do IBI cando se trata de bens inmobles destinados ao culto relixioso, como é o caso da catedral de Santiago, ou cando teñen usos sociais, caso dos comedores sociais, ou educativos, pero cremos que é totalmente inxustificábel esa exención cando afecta a bens inmobles con fins lucrativos, como por exemplo a hospedaría de San Martiño Pinario, pois iso ademais constitúe unha competencia desleal aos empresarios do sector hoteleiro, que si cumpren co pago dos seus impostos".

Mesmo en Italia a Igrexa terá que pagar o IBI Francisco Jorquera puxo como exemplo que apoia a reclamación do BNG o caso de Italia, "un país no que existe unha influencia tan grande da Igrexa Católica e no que esta terá que pagar o IBI a partir do ano que ven". Ademais lembrou que "a Unión Europea no seu momento instou ao Estado español a eliminar a exención que tiñan as confesións relixiosas para o pagamento do IBI".

Na mesma liña, salientou que "todos os datos indican que a inmensa maioría dos crentes apoian esta petición e cren que é de xustiza e equidade social acabar cos privilexios fiscais das confesións relixiosas". O BNG foi a primeira forza en reclamar a fin dos privilexios fiscais para as confesións relixiosas Por último, Francisco Jorquera lembrou que "o BNG foi a primeira forza política en plantexar esta cuestión tanto no Concello de Santiago, como no Parlamento Europeo e no Congreso dos Deputados".
Puntos:

Tema (Autor) Ultimo Mensaje Resp
Los Tribunales Constitucionales en el resto del mundo, ¿funcionan mejor que en España? Por: Iris Mateluna 01-07-12 00:14
Iris Mateluna
0
Cañizares y Zapatero señalan el "despilfarro" y los "excesos" como causa de la crisis y piden acabar con el paro juvenil Por: Iris Mateluna 28-06-12 18:47
Iris Mateluna
0
Permanecen en la Comandancia de Lugo los dos detenidos como presuntos autores del doble crimen de Xermade (Lugo) Por: Iris Mateluna 08-06-12 06:17
Iris Mateluna
0
Dimiten los cuatro concejales del PP de Monterroso y el resto de la lista por divergencias con la dirección de Lugo Por: Iris Mateluna 08-06-12 06:11
Iris Mateluna
0
Simulador Plusvalia Municipal - Impuesto de Circulacion (IVTM) - Calculo Valor Venal
Foro-Ciudad.com - Ultima actualizacion:08/08/2020
Clausulas de responsabilidad y condiciones de uso de Foro-Ciudad.com