Foro- Ciudad.com

Pontedeume - La Coruña

Poblacion:
España > La Coruña > Pontedeume
18-09-08 19:57 #1194238
Por:duvo

xuizo unidade veciñal olmo




Como resposta ás declaracións feitas polo Sr.Marcote ó Diario La Opinión, Quero aclarar, que non son na súa totalidade correctas sobre o xuízo que se celebrou en Betanzos o dia 17 deste mes, refírese a unhas ameazas inexistentes, do que fai responsable ó Presidente da Unidade Veciñal Olmo. Afirma que ameazouno de morte, cando foi él quen dixo textualmente:”que tiña cartos e collós suficientes para afundirnos a todos”

Ó que dí o Sr. Marcote sobre os tellados é de unha persoa que non vive nesta urbanización ou nunca asistiu ás asambleas, onde os veciños (traballadores da antiga ASTANO na que ese sr era xefe) dende hai 29 anos creamos á Asociación Veciñal que nos seus Estatutos, refléxase o afan de velar polos intereses é benestar dos seus socios é que se chama UNIDADE VECIÑAL OLMO, fixándo o cobro das cotas para o seu mantemento.

Referente ós tellados, acordóuse arranxálos nunha xuntanza dos presidentes das 9 comunidades e istes, o trasladaron ás súas Comunidades de Propietarios facendo as correspondentes asambleas que foron aprobadas en todas elas, excepto, a comunidade do bloque 2, onde vive o sr. Marcote.pois este persoaxe encargouse de andar recollendo as firmas de algúns amigos que tendo baixos alquilados ou os pisos, non viven neste bloque e algún, nin siquiera na urbanización; e ¡que casualidade! nese bloque denunciuose ó presidente da comunidade por ter o canal plus para os veciños.

Nin a Unidade Veciñal Olmo, nin Tucho, coaccionaron a ninguén para arranxar os tellados o que fixo Tucho a través da U.V.OLMO foi reclamar ó seguro a indemnización dos tellados polos desperfectos causados polo temporal cobrando BASTANTE MAIS, do que o este ofrecía, asi como pedir os permisos de obra conxunto para as 8 comunidades para dista maneira aforrar uns cartos para todos,

Di iste sr que o martes lle raiaron o coche, pois mire vostede, os dos demáis veciños tamén aparecen con raiaduras e desperfectos e entón, tamén estamos no pleno dereito de pensar que veñen por parte dél, pero dámoslle un consello: amárrelle un can, que diso si que ten,.

Dí que somos unha panda de incontrolables, mire esta panda, nunca nos metimos con ninguén, falamos e saudámonos con tódalas persoas, a Unidade Veciñal polas súas características, así como polo seu traballo, ten un recoñecido prestixio dentro da comarca e Institucións tanto Públicas coma Privadas.

E tamén di, que ás bravas non, o único que ata agora fixo :atropelos e denuncias foi él, iso é ir ás bravas e tratar de impoñer a lei do mais forte é avasaiar os veciños.
Lémbrámoslle que temos a conciencia tranquila e que tódolos acordos tomados nesta Asociación, son mediante Asambleas, e recollidos nas Actas correspondentes .
Puntos:

Tema (Autor) Ultimo Mensaje Resp
Rehabilitación de la Biblioteca Municipal de Pontedeume Por: Foro-Ciudad.com 04-03-10 02:38
Foro-Ciudad.com
0
Eliminacion de vertidos al río Covés Por: Foro-Ciudad.com 04-03-10 02:32
Foro-Ciudad.com
0
Reforma y aforro energético en alumbrado pco. en Vista Alegre, Camino Castrelo y otros. Por: Foro-Ciudad.com 26-02-10 05:55
Foro-Ciudad.com
0
intolerables las terrazas Por: No Registrado 08-08-07 09:47
No Registrado
3
Simulador Plusvalia Municipal - Impuesto de Circulacion (IVTM) - Calculo Valor Venal
Foro-Ciudad.com - Ultima actualizacion:07/08/2020
Clausulas de responsabilidad y condiciones de uso de Foro-Ciudad.com