08-11-08 00:48 | #1384175 |
Por:No Registrado | |
un peeling corporal con barro, VISITADE PIADELA Ola internautas! se queredes convertirvos en nenos, disfrutar coma cando eramos pequechos enchéndonos de lama, non deixedes de dar unha volta pola marabillosa aldea de Piadela, na que as montañas de terra ás beiras da carretera, e a terra mesturada coa auga das últimas choivas permitiravos enfouzarvos sen problema, e incluso, para os máis ousados, é posible facer un peeling corporal, que vos deixará unha pel suave e rexuvenicida. As obras serán necesarias, non o dubidamos, pero algún "RESPONSABLE" controla esta desfeita; é penoso que sigamos a pagar impostos e que as inversións se leven a cabo deste xeito, veremos como remata... Seguiremosvos informando se non quedamos atrapados por unha riada de lama. Grazas ás autoridades por investir impecablemente os nosos tributos. | |
Puntos: |
![]() | ![]() | ![]() |