28-07-07 16:58 | #462030 |
Por:No Registrado | |
O Courel de Novoneyra. O Courel de Novoneyra https://ww.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=149&idNoticiaOpinion=181337 MIGUEL ANXO FERNÁN VELLO CADERNO ABERTOO Courel de Novoneyra O artigo de Xosé Manuel Beiras sobre o Courel, publicado antonte mesmo en Galicia Hoxe –S.O.S. Courel. I. O problema–, resultou conmovedor. É a primeira entrega, enténdase así, dun texto máis extenso que poderemos ler neste mesmo xornal o domingo próximo. Por el agardamos. Se Uxío Novoneyra vivise hoxe entre nós –porque estar está, segue a estar, para moitos e moitas, entre nós– sería o primeiro en manifestar a súa ira –pura carraxe en verso pétreo e firme furia persoal– diante das empresas louseiras que están a devorar "monte a monte" –así o expresa Manuel Gago– o inmenso templo natural do Courel. Di Beiras, citando os versos de Uxío, que o Courel é o "templo máis vasto" do imaxinario panteísta que latexa no inconsciente colectivo dun pobo ancestralmente labrego como o noso, dunha cultura formada dende os tempos máis remotos en radical simbiose cunha natureza tan exuberante e proteiforme como foi –e, malia todo, inda segue a ser– a do noso país. Non se pode expresar mellor. Pois ben, ese "templo" emblemático e extraordinario –posuidor dalgunhas das maiores fragas atlánticas do continente europeo– está hoxe ameazado polas canteiras a ceo aberto que destrúen as montañas courelás e acaban cos ríos –¿onde vai o río Quiroga, e que será do Lor que cantou o poeta?–, empresas mineiras extractivas de lousa que actúan coa voraxe propia e sumamente destrutiva do capitalismo máis salvaxe. Formando parte o Courel da Rede Natura 2000, ¿acabará sendo declarado ‘zona mineira’ pola Xunta? Natura 2000, como se sabe, é unha rede de espazos naturais protexidos a escala da Unión Europea con obxecto de salvagardar os espazos bioxeográficos máis importantes de Europa. E ademais o Courel, en virtude desta directiva europea, está tamén contemplado como LIC (lugar de importancia comunitaria). ¿É consciente o poder político, sexa cal for o seu signo –alcaldes e concelleiros do Courel, entre outros–, da destrución que se está a operar na súa (nosa) Terra? "Non, a forza do noso amor non pode ser inútil". | |
Puntos: |
Tema (Autor) | Ultimo Mensaje | Resp | |
Falar de Courel, con amor a terra Por: No Registrado | 27-08-10 21:36 No Registrado | 0 | |
O Courel en El Pais Por: No Registrado | 28-07-07 16:55 No Registrado | 0 | |
Xosé Manuel Beiras e O Courel Por: No Registrado | 28-07-07 16:51 No Registrado | 0 |
![]() | ![]() | ![]() |