20-10-11 19:19 | #8970107 |
Por:No Registrado | |
Seguimento do programa electoral do pp de Ames 2011-2015 VALORACIÓN A NOVEMBRO DO 2011 1. XESTIÓN ECONÓMICA E IMPOSTOS ØFaremos un plan de equilibrio financeiro e control orzamentario. (ESTA POR VER). ØPracticaremos a austeridade e controlaremos o gasto. (HAI BASTANTES RUMORES QUE MAIS BEN E DESVESTIR UN SANTO PARA VESTIR OUTRO). ØConxelaremos todos os impostos que as disposicións legais permitan. (MENTIRA, ACABA DE SUBIR O IBI 10-2011) ØRevisaremos á baixa as taxas municipais. (MENTIRA, ACABA DE SUBIR O IBI OU CONTRIBUCIÓN 10-2011 2. EDUCACIÓN E CULTURA -Manteremos e melloraremos os comedores escolares.(SEGUEN COMA SEMPRE). -Daremos estabilidade aos traballadores. (SEGUEN COMA SEMPRE) -Pediremos ciclos de Formación Profesional, medio e superior, para o novo instituto de Milladoiro.(SEGUE COMA SEMPRE) -Teremos unha Escola Superior de Música e unha Escola Oficial de Idiomas. (SEGUE COMA SEMPRE). 3. MAiORES E DEPENDENTES -Crearemos un centro de día para Ames. (NON HAI CARTOS) -Aumentaremos os servizos de atención aos nosos maiores e dependentes. (SE NON FOSE PORQUE XA NON LLES SUBVENCIONAN AS ESCURSIÓNS SEGUÍAN COMA SEMPRE, PERO AGORA ESTÁN PEOR). -Fomentaremos a asistencia domiciliaria, promoveremos a formación das persoas coidadoras co fin de mellorar o seu traballo e facilitarlles unha saída laboral no futuro. (ISTO NIN DE BROMA GOBERNE QUEN GOBERNE). 4. IGUALDADE E TRABALLO ØPromoveremos programas para o fomento do emprego. (TODAVÍA NADA). ØRealizaremos programas de formación e cualificación para facilitar e mellorar o emprego. (NADA DE NADA) ØMelloraremos os servizos de apoio á conciliación da vida persoal, laboral e familiar. (NADA DE NADA) ØAxudaremos a instalarse no noso concello a empresas que creen emprego. (VAN A MENOS, ESTAMOS EN CRISE E SEGUEN INDO A MENOS). 5. TRANSPORTE -Faremos un estudo de viabilidade para a implantación do transporte urbano en todo o termo municipal. (EN TEMPOS DE CRISE ISTA E UNHA MENTIRA MENTIROSA BURLONA). -Elaboraremos un estudo de viabilidade para o establecemento de rutas permanentes. (NADA DE NADA). 6. SEGURIDADE -Reforzaremos a presenza policial en todo o concello, cunha dotación permanente no Milladoiro e área de influenza. (COMO NON POÑAN OS VECIÑOS A VIXIAR, SEGUEN OS MESMOS AXENTES). -Faremos un estudo integral de seguridade viaria para todo o concello. (DE MOMENTO NINGUÉN ESTUDOU NADA). 7. XUVENTUDE -Fomentaremos as escolas deportivas sen límite de idade. (MAIS BEN FOMENTASE O BOTELLÓN QUE TAMÉN E OUTRO DEPORTE). -Crearemos bibliotecas para o estudo, cun horario amplo. (AS QUE HOUBO SEMPRE, HAI AGORA). -Sentaremos as bases para crear unha gran área deportiva, de ocio e tempo libre. (OUTRO PAQUETE PARA BOBOS, ISO DE SENTAR AS BASES BEN SENDO COMA SOÑAR NA CAMA MIRANDO O TEITO). 8. INFRAESTRUTURAS E URBANISMO -Vertebraremos o concello para poder dar servizos máis eficientes. (COMA QUEN NON DÍ NADA) -Elaboraremos os proxectos de reurbanización dos dous núcleos urbanos. (COMA QUEN NON DIXO NADA). -Planificaremos áreas de aparcamento en Milladoiro e Bertamiráns. (O PSOE ADECENTARA 3 APARCADOIROS EN BERTAMIRANS E O PP 1 E MEDIO NO MILLADOIRO. EN ESTE PUNTO FIXERON ALGO QUE FOI COMEZAR O QUE O OUTRO GOBERNO ÍA EMPEZAR TAMÉN SE SEGUISE GOBERNANDO). -Todas as informacións de carácter urbanístico solicitadas polos veciños serán expedidas en 10 días, como prazo máximo. (VAIA MENTIRA, MENTIROSA. MOITOS VECIÑOS LEVAN ESPERANDO DENDE O 23 DE MAIO E VAN MAIS DE CATRO MESES SEN QUE LLE ATENDERAN O SOLICITADO). -Xestionaremos ante as administracións competentes todas as grandes infraestruturas necesarias para o noso concello. (COMA QUEN NON DI NADA). 9. NOVAS TECNOLOXÍAS -Implantaremos a tramitación telemática de todos os procedementos administrativos mediante o programa “O concello na túa casa”. (O QUE HABÍA). -Implantaremos conexión de banda ancha en todo o concello, con especial atención ao rural. (VAIA BOA MENTIRA, ISTO NON HAI POR ONDE ENCAIXALO). 10. MEDIO AMBIENTE -Revisaremos o saneamento e abastecemento, co fin de modernizar e finalizar as redes. (E LOGO POR ONDE SE EMPEZOU, DE MOMENTO POR NINGURES). -Ampliaremos a E.D.A.R de Sisalde, como punto de partida para a recuperación integral do Río Sar, ao seu paso por Ames. (A ESPERAR LOGO). -Crearemos un novo punto limpo no norte do concello. (TAMÉN A ESPERAR). 11. DEPORTES -Fomentaremos a práctica deportiva para todas as idades, en especial todos os deportes en contacto ca natureza. (NON SE SABE ONDE O ANDAN A FOMENTAR, NON HAI NADA NOVO). -Impulsaremos e dignificaremos as escolas deportivas, máis ala dos 14 anos. (QUE QUERERÍAN DICIR CON DIGNIFICAR?). -Sentaremos as bases dunha gran área de instalacións deportivas, culturais e de lecer. (SENTAR AS BASES E NADA BEN SENDO O MESMO). -Recuperaremos e manteremos todas as zonas deportivas do concello. (TODO SIGUE IGUAL DE VELLO). 12. RURAL -Terminación das beirarrúas e recuperación dos tramos deteriorados. (AS ACERAS DE COVAS E CANDO SAIA TRAVESÍA DO PORTO NO MILLADOIRO HAI QUE ACORDARSE QUE AS LICITOU O ANTERIOR GOBERNO). -Mellora do alumeado alí onde faga falta e racionalización do mesmo. (FAROIS PARA OS AMIGOS SEGUNDO OS RUMORES). -Limpeza de cunetas e reparación das pistas. (NON SE ESTÁ FACENDO NADA, SE ALGUÉN VE UNHA MAQUINA CON PALA ABRINDO CUNETAS QUE AVISE. -Numeración. ( PORQUE MANDARÍAN PARAR A NUMERACIÓN DAS CASAS, SE ANTES DAS ELECCIÓNS SE ESTABAN A ENTREGAR NÚMEROS ¿LOGO AGORA QUE PASA HAI CASAS DE PRIMEIRA E DE SEGUNDA? -Terminación do abastecemento e saneamento. (ISTO PODEO PROMETER PP-PSOE-BNG E SE HAI SUBENCIONS VAISE FACENDO). -Melloras das comunicacións: TV, internet,… (MENTIRA-MENTIROSA, COMO NON AS MELLORE TELEFONICA-R-OU OUTRA OPERADORA O CONCELLO NON TEN NADA QUE MELLORAR). -Impulsaremos e remataremos as concentracións parcelarias onde están pendentes. (SEGUIMOS ESPERANDO). -Atenderemos ao acondicionamento das pistas forestais e agrarias. (NIN A PRIMEIRA EN 4 MESES E TEMOS O INVERNO A VOLTA). -Melloraremos a instalarse no noso concello o transporte, co reforzo das liñas existentes e creación de novas liñas de conexión entre ás parroquias, os grandes núcleos e Santiago. (A ESPERAR TAMÉN, A COUSA VAI DE ESPERAR). | |
Puntos: |
08-03-15 15:37 | #12500145 -> 8970107 |
Por:No Registrado | |
RE: Seguimento do programa electoral do pp de Ames 2011-2015 Vaya super estafa¡¡ | |
Puntos: |
Tema (Autor) | Ultimo Mensaje | Resp | |
ATENCION ¡¡ Periodico Fascista en ames Por: No Registrado | 03-02-14 13:06 No Registrado | 3 | |
NUEVO FORO www.guiadeames.com Por: No Registrado | 06-05-11 23:58 No Registrado | 1 | |
Presentacion de la GUIA DE AMES Por: guiadeames | 17-04-11 22:39 guiadeames | 0 | |
¿Quen merece gañar as proximas eleccions en ames? Por: No Registrado | 12-03-11 20:35 No Registrado | 8 |
![]() | ![]() | ![]() |