Foro- Ciudad.com

Barallobre (Santiago) - La Coruña

Poblacion:
España > La Coruña > Barallobre (Santiago) (Fene)
03-05-08 11:16 #848258
Por:No Registrado
En Galiza en galego.17 de maio DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Florentino López Cuevillas, naceu en Ourense no 1886 e morreu no 1958 . Licenciouse en Farmacia, foi funcionario de Facenda e estudou Filosofía e Letras en Madrid.
Con Risco e Otero Pedrayo formou ese conxunto glorioso das letras e da cultura de Galiza. Aportou os seus profundos coñecementos de arqueólogo e as súas investigacións da Prehistoria e a cultura castrexa na nosa Terra. No ano 1968 adícóuselle o Día das Letras Galegas.
No seu libro póstumo, PROSAS GALEGAS escrebía:

¿Coidades que nesa nube moura, con cenefas brancas, non hai outra cousa que auga en vapor cargada de electricidade? Que trabucados estades. Sentado no medio dela hai un home, un nubeiro como aquel que coñeceu Borrow.
Alá vai , cheo de ruíns intencións, a bota-la pedra encol dos eidos dos labregos que non deron estimanza á súa ciencia de escoller; a bota-la chuvia desexada nas milladeiras e nas viñas daqueles outros que, por crer nel, souberon merca-los seus favores cun ben de caridade.
Máis non sempre se poden merca-los favores dos nubeiros, porque non sempre son desta terra. Os máis temidos, os que precisan ser espantados con mayor estrondo de latas, e afuxentados con meirande cantidade de auga bendita, son os forasteiros, son os que veñen de Castela.
Dunha vez, a un que era de preto de Madrid, tocoulle unha pinga da auga do hisopo, e caeu. De primeiro tivo medo ó ollarse rodeado pola xente. Logo, como non lle fixeran mal, encomenzou a falar forte na súa fala brava, e ó ver que lle daban tino quedouse no país.
Ós tres meses tiña posta unha tenda; ó ano prestaba a réditos; e ós tres anos era dono de cinco parroquias, deputado provincial e mandaba en todo o partido máis que ninguén.
E o nubeiro castelán, esquecido das súas xeiras atmosféricas, dá gracias tódolos días á pinga de auga bendita que o fixo caer nesta terra de parvos.
1927
Puntos:
13-05-08 13:43 #867994 -> 848258
Por:No Registrado
RE: En Galiza en galego.17 de maio DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Coñecín a obra de Florentino investigando sobor da Cultura Castrexa na Galiza. Aínda que hoxe paréceme un termo un tanto forte,fendetestas de infieis, FENDETESTAS é un bandido dunha novela de Weenceslao.
A marxe deste pequeno comentario,o texto que segue está plenamente vixente nos tempos en que se cuestiona, entre outros, a NOSA LINGUA

Señor Santiago, que de tan lonxe viñeches predicar na nosa patria as verdades do Evanxeo, e que aínda despois de morto quixeches que o teu corpo pasase o mar para descansar eternamente na terra galega. Ti que chamaches unha estrela para que brillase sobre os nosos agros no miragre do teu sepulcro; ti que desde a túa igrexa fixeches peregrina-las xentes de toda Europa para que viñesen adorar en Galicia as túas reliquias; ti que tantas probas nos tes dado da túa predilección e do teu amor. ¿Por que nos esqueces?

Arredor da túa sepultura formouse a nosa lingua, ó pé do teu templo naceu a nosa arte, para ti cantaron os nosos trobeiros. Galicia enteira ten algo teu, e en ti inspirou as súas obras. ¿Consentirás, Señor, que Galicia desapareza, que Galicia morra?

Mira ó teu redor, os vellos costumes abandonados, mortas as antigas liberdades, despreciado o vello idioma en que che falaron tantas xeracións, o idioma santo de Xelmírez; mira a nosa terra presa de homes que viñeron de fóra a roubala, a magoala; mira o noso chan empobrecido; mira a triste miseria dos seus fillos, a súa sede de xusticia e a súa fame de pan, e ten piedade da súa dor, da súa pobreza e da súa ignorancia.

E xa que amaches a Galicia cando era Galicia, acorre ós que queremos resucitala e volvela outra vez ó esplendor e riqueza de que é merecente. Dáno-lo teu espírito de apóstolo para que vaiamos por vilas e lugares a espalia-las novas verdades, que non son máis que as antigas verdades; e así que chegue a hora da loita e da batalla, empréstanos, Señor, a forza do teu brazo, que soubo alá en Clavixo fender testas de infieis, para que poidamos con ela vence-los nosos aldraxadores, os nosos opresores, os ladróns de todo o que nos pertencía.

Acóllenos na túa gracia, Señor Santiago; grava a túa cruz nos nosos peitos, e fai brillar por riba das nosas testas, ben acesa e ben brillante, a túa estrela milagreira.





De: "Prosas Galegas"m Galaxia 1962.-
Puntos:

Tema (Autor) Ultimo Mensaje Resp
Novas do “Adriano” – Venres, 8 de maio - 2015 Por: No Registrado 18-05-15 15:00
No Registrado
14
A Terceira Edad - INDEFENSION dos MAIORES Por: No Registrado 01-09-09 14:50
No Registrado
83
INDEFENSION DE MAIORES Por: No Registrado 08-07-09 16:35
No Registrado
3
2 de maio Por: No Registrado 02-05-08 20:52
No Registrado
0
Simulador Plusvalia Municipal - Impuesto de Circulacion (IVTM) - Calculo Valor Venal
Foro-Ciudad.com - Ultima actualizacion:07/08/2020
Clausulas de responsabilidad y condiciones de uso de Foro-Ciudad.com