29-10-07 00:22 | #546042 |
Por:No Registrado | |
O CURA DE XESTOSO FUSILADO O sábado 3 de outubro de 1936 foi fusilado diante da porta do cemitério parroquial o cura de Val de Xestoso,Monfero,Andrés Ares Diaz.Antes de que os seguidores franquistas o acribillaran a balazos confesouse co o párroco de Barallobre don Antonio Casás,o cura que a quen isto escribe bautizou no ano 1951.Din que a iste cura de Xestoso levárono a Barallobre pra fusilalo pra amedrentar a don Antonio un cura que ptotexeu a moitos conveciños de Barallobre perseguidos polas suas convicions políticas.Esta noticia que hoxe esscribo saqueina do libro BARALLOBRE NO PASADO,editado polo Concello de Fene e que hay poucos meses recibino eiqui no meu domicilio das islas Canarias.Falo deste cura asesinado po los falanxistas porque hoxe a Eigrexa de Roma beatificou a 498 mártires da fe asesinados po los roxos como tan ben lle gusta dicir a dereita.Esa mesma Eigrexa olvídase que tamen en España as tropas de Franco fusilaron a moitos curas e relixiosos que seguian sendo fieles a o ideario da República.Sin embargos pra eles non hay nin un so recordo nin unha mención que os recorde.Triste papel o de unha Eigrexa española que ainda non pideu perdon por colaborar con Franco e por ser cómplice de moitos asesinatos e fusilamentos de persoas cuyo delito era pensar de outra forma a do Réximen imposto pola forza das armas. | |
Puntos: |
Tema (Autor) | Ultimo Mensaje | Resp | |
A Igrexa de Barallobre e o cura Por: No Registrado | 24-09-14 21:35 RRL1951 | 52 | |
Foto: Salón do cura Por: No Registrado | 08-02-11 13:19 No Registrado | 1 | |
Foto: Salón do cura Por: No Registrado | 07-02-11 19:52 No Registrado | 0 | |
Foto: o cura fusiladso en barallobre Por: No Registrado | 26-10-08 22:13 No Registrado | 18 |
![]() | ![]() | ![]() |