20-07-07 11:53 | #455496 |
Por:No Registrado | |
eu son outra persoa que me criei na parroquia de Barallobre Eu tamén me criei na parroquia de Barallobre, estudie na escola do Souto Grande, e logo no colexio do Ramo, e xa máis adiante rematei os estudos de BUP e COU no instituto de Fene. Case toda a miña familia é de Barallobre, aínda que eu por motivos de traballo xa non vivo aí, pero vou todos os fins de semana. | |
Puntos: |
20-07-07 12:05 | #455508 -> 455496 |
Por:No Registrado | |
RE: eu son outra persoa que me criei na parroquia de Barallobre A tódolos sitios que vou falo da miña parroquia,que paisaxisticamente paréceme unha pasada.Si creo que debería estar mellor coidada, e que nos últimos anos está bastante abandonada, ó igual que todo o concello en xeral, e é unha verdadera pena.Teño magníficos recordos da miña infancia, e das festas do patrón, que agora xa non son o que eran, pero iso pasa con todo en xeral. A miña familia vive aí, eu xa non, pero vou tódalas fins de semana. De tódolos xeitos, estou nun pobo da mariña lucense que tamén é moi bonito, que seguro que ningúen de aí coñece, Ferreira do Valadouro. De tódolos xeitos sempre digo que son de Barallobre, e de feito son.A ver se colgan máis fotos de Barallobre na rede.Non sabía que existía este foro, descubrino hoxe.A semana pasada seica houbo un encontro de persoas co apelido Barallobre, e coincidiume velos a todos en "plena procesión" polas rúas da parroquia. | |
Puntos: |
20-07-07 12:17 | #455519 -> 455508 |
Por:No Registrado | |
RE: eu son outra persoa que me criei na parroquia de Barallobre tes razon neso de que é paisaxisticamente fermoso, pero como ben dis atópase moi descuidado e a convivencia xa non é o que era, por desgracia. | |
Puntos: |
20-07-07 12:45 | #455550 -> 455519 |
Por:No Registrado | |
RE: eu son outra persoa que me criei na parroquia de Barallobre Pois haberá que darlle caña ó concello para que amañe algo. O campo da festa está moi descuidado, antes aínda había un pequeno parque onde está o local social, e agora xa non debe haber nada. E non será porque non haxa nenos...e porque o pobo non teña posibilidades... | |
Puntos: |
20-07-07 13:08 | #455572 -> 455550 |
Por:No Registrado | |
RE: eu son outra persoa que me criei na parroquia de Barallobre Eso é boa cousa que presumas d BARALLOBRE eu fago o mesmo devianme pagar un plus x publicidade.Si algun dia teño que marchar d aki eso sera o peor que me poida pasar pois eu cos meus veciños teño moita sorte para min son a miña familia e me criei na casa dos veciños eso é có que me quedo eu, cousa q nunha cidade nin coñeces os veciños, aki é todo mais natural o campo cos animais dar unha volta polo muelle,pescar, ir a praia de malibú........ | |
Puntos: |
20-07-07 17:41 | #455843 -> 455496 |
Por:No Registrado | |
RE: eu son outra persoa que me criei na parroquia de Barallobre Estou moi lonxe de BARALLOBRE xa que vivo nas Islas Canarias.Acabo de entrar no foro e vexo que xente da parroquia conta cousas.Eso e bon pra todos nos que naciemos e pasamos os primeiros anos da nosa vida.Eu vivin en Barallobre hasta os 17 años e logo marchei a estudiar fora,Navarra,Valencia,Barcelona,San Sebastian.E tras facela mili nas Canarias aquí me quedei a vivir.Pero Barallobre sempre vai dentro de min e levome unha gran ledicia cando pola miña profesión de ATS atoupome con xentes de Perlio,Fene,Magalofes,Ferrol ou outros lugareda Galicia.Cando digo que eu son de BARALLOBRE levanse unha boa sorpresa.Os galegos andamos por todas partes e aqui nas islas os galegos somos legión.A nosa parroquia e moi bonita.A sua paixase e rica en vexetación.Recordo a FONTE DO BISPO por arriba do CAMPO DA FESTA.¡Quen poidera ter en Cnarias unha fonte como aquéla!.E recordo a capeliña do Pazo.¡Non entendo como deixaron destruir unhas das obras relixiosas que tiña Barallobre!.Menos mal que na páxina web do IES de Barallobre teñen posta a foto da citada capeliña.Bueno paisanos por hoxe os deixo xa que esta noite traballo nunha clínica en teño que dormir.Un saludo pra todos e o desexo de que escribades vos tamen contando cousas no noso querido Barallobre.Manel o da Xurreira. | |
Puntos: |
21-07-07 12:49 | #456317 -> 455843 |
Por:lauraBARALLOBRE ![]() ![]() | ![]() ![]() |
RE: eu son outra persoa que me criei na parroquia de Barallobre Hola Manel me gusta leer cousas interesantes do pasado de Barallobre e a zona en xeral. Eu inda son xoven vivo na brea d Barallobre preto da xurreira agora esto vai cambiando e imos avanzando tamen aki na brea tiraron a casa da bella que lle chamavamos en fronte a casa d marta e preto da de fina a morralona e fixeron un parque precioso con arbores bancos.... agora cambiamos de alcalde temos un moy xoven o alcalde mais xoven de galicia aver si mira un pouco por nos sinón eu asi tal como estou xa estou ben pa vivir non se necesita nada mais. Nun futuro a mi me gustaria ir as islas atraballar unha temporada agora mesmo estou estudiando ingles e terei que practicalo nalgun sitio inda q aki agora no que era o antigo Astano o novo Navantia tan vindo moitos barcos e moitos ingleses weno q vaia ven polas canarias por aki tamben vay ben wa nos ven ahi o patron.com | |
Puntos: |
21-07-07 14:21 | #456350 -> 456317 |
Por:No Registrado | |
RE: eu son outra persoa que me criei na parroquia de Barallobre Hola Laura alégromemoito de que na Brea fixeran un parque.Polo que contas era na zona onde estaba a casa de Marta e da Morralona.Creo que por ali estaba tamén a casa de Lupe que cando eu era neno vendía a colonia a granel.Mas abaixo estaba o rio onde a miña nai iba lavar a roupa.Eu iba a escola do Souto Grande.O mestre chamábase don Jerónimo.No rcerteo ibamos con unha pota grande a enchela de auga pra fecer a leite en polvo.Os nenos tíñamos un vaso de plástico pa tomar a leite.Eu falo de aqueles anos en que había poucas cousas.Ainda recordo cando chegou a Barallobre a.primeira televisión.A troixo don Elias o párroco e a puxo no salon parroquial.Alí po las tarde o salón estab cheo de chavales:José Domingo,Sindito,Suso e Pepe Curros,Tonecho,e moitos outros que xa no recordo.Tuven un bon amigo que morreu con 14 anos,chamábase Manuel José Rivera Freie.Tamen meus amigos de neno eran Narito(oche cre que é cura),Xeito,seu irman Teté morto nun accidente de tráfico.Acórdome cando era monagullos na iglesia e tiña que nas noites de inverno pola mañá cedo pra tocar as campanas a as oito en punto.Iban duas mulleres de edad chamadas Pachuca e Celia,que nunca faltaba a a misa de cada día.Recordo a festas con unhas verbenas extraordinarias con moi boas orquestas como a Lamas Lapiña,Bellas Farto,Lopez Malde,Iris,todas de Ferrol.E outras da Coruña como Os Satélites.Antes todas as cousas tiñan moita importancia.Festas,enterros,bodas.bautizos, procesions,partidos de futbol,o tren de vapor,as lanchas de Maniños,o autobús chamado Ideal Gallego,o ferrobús,...Recordo cando íbamos a bañarnos a O Carril.E ainda recordo cando íbamos a comprar guindas na tenda de Chamoxiño frente a igrexa.Sería muy larga a lista de recordos de cando eu era neno.Por hoxe queridos paisanos voume despedir xa que teño que ir pra traballar.Saludos para tí Laura. | |
Puntos: |
22-07-07 15:47 | #456877 -> 456317 |
Por:No Registrado | |
RE: eu son outra persoa que me criei na parroquia de Barallobre ay! Laura, Laura, é ben verdade que o parque que fixeron na Vrea quedou ben chuliño, aínda que mais ben o califico de "mini praza" polo escaso espacio, pero bueno, non daba pra maís e quedou ben, pero bueno, sendo tan pequecho se o teu irmá e mais tí aparcade-los vosos coches dentro desta praza, preguntome eu, que nos que ós demaís?, que supostamente foi construída para disfrute de todos. Tí que falabas de que todo era cuestión de boa voluntade, empezemos predicando có exemplo. Á praza é pra todos non é un aparcadoiro. | |
Puntos: |
23-07-07 12:24 | #457484 -> 456877 |
Por:No Registrado | |
RE: eu son outra persoa que me criei na parroquia de Barallobre Pois a verdade é que non sei onde queda o parque ese que dicides que fixeron na Brea de BArallobre. Eu á Brea chámolle á zona onde está a casa da maleta, e por aquela costa cementada que vai rematar a un río comunitario. A verdade é que xa hai tempo que non vou por alí, e iso que os meus pais viven preto desa zona, no Revolto, pero bueno, o parque debe ser ben pequeno para que non saiba del. Vendo o que dicides, a verdade é que eu xa non recordo cando había a capela do Pazo onde está o instituto, téñollo oído á miña nai, que ela si algo recorda. | |
Puntos: |
23-07-07 20:53 | #457985 -> 457484 |
Por:juanm ![]() ![]() | ![]() ![]() |
RE: eu son outra persoa que me criei na parroquia de Barallobre Pois eu tampouco me enterei de que fixeran ese parque na Brea, non fai moitos dias que parou un coche diante da miña casa, e duas rapazas me preguntaron donde quedaba a Plaza da Mourela e mandeinas pra Xubia por non saber. Cando teña tempo irei a vela Estou intentando poñer unha foto da Capela do Pazo, e outras que creo que lle gustaria ver a xente que está fora, pero non o dou feito | |
Puntos: |
23-07-07 15:06 | #457634 -> 456877 |
Por:lauraBARALLOBRE ![]() ![]() | ![]() ![]() |
RE: eu son outra persoa que me criei na parroquia de Barallobre Gracias Manel, por contar estas cousas que sempre fan recordar a familiares e amigos eu teño 23 anos pero a miña nai coñecete sodes da mesma idade e erades veciños ela contame moitas cousas do que faciades antes e bo q non se olvide todo eso para que o dia de mañá eu tamen lle poida contar os meus fillos o que se facia | |
Puntos: |
23-07-07 23:24 | #458230 -> 457634 |
Por:lauraBARALLOBRE ![]() ![]() | ![]() ![]() |
RE: eu son outra persoa que me criei na parroquia de Barallobre Eu tamen intentei poñer alguha foto de Barallobre fai moitos anos das que gardaba a miña aboa pero inda non fun capaz. Pois esa praza da Mourela hay que vela. | |
Puntos: |
24-07-07 12:29 | #458540 -> 458230 |
Por:No Registrado | |
RE: eu son outra persoa que me criei na parroquia de Barallobre Bueno, hoxe marcharei cara Barallobre, pois mañá estamos de patrón; aínda que xa non será como hai anos cando eu era pequena, daquela gostábame ir á festa, disfrutábamos con elas, despois a medida que me fixen maior deixei de ir... Agora supoño que terei que levar ó meu neno, aínda que aínda é moi pequecho, nin dous anos ten, pero seguro que para o ano que vén xa pide por ir. | |
Puntos: |
Tema (Autor) | Ultimo Mensaje | Resp | |
Foto: outra imaxe do cruceiro Por: No Registrado | 08-03-09 00:04 No Registrado | 5 | |
Foto: outra imaxe da ria de ferrol e o penedo a o fondo Por: No Registrado | 05-11-08 14:41 No Registrado | 0 | |
Foto: OUTRA IMAXE DO CINE ADRIANO Por: No Registrado | 21-09-08 21:55 No Registrado | 1 | |
Foto: outra imaxe da igrexa parroquial Por: No Registrado | 30-07-08 23:11 No Registrado | 0 |
![]() | ![]() | ![]() |