20-06-09 15:35 | #2539448 |
Por:No Registrado | |
VERAO ¿Hai alguén ahí? O xa estades de vacacións. | |
Puntos: |
20-06-09 19:42 | #2540809 -> 2539448 |
Por:No Registrado | |
RE: VERAO O verao empeza mañá. | |
Puntos: |
21-06-09 13:34 | #2543798 -> 2539448 |
Por:No Registrado | |
RE: VERAO A rivera, as escaleiras da rampa, as festas, a canteira da loca ,andar por todos os camiños de Barallobre, roubar afruta, os guateques, toda a pandilla.O pasabamos de carallo. | |
Puntos: |
21-06-09 13:55 | #2543906 -> 2543798 |
Por:No Registrado | |
RE: VERAO Tes razon o que dis o recordo ben.A chegad do vran era moi deseada por todos pra facer o que contas no teu comentario:creixas,caludias,festas,... | |
Puntos: |
21-06-09 22:14 | #2546461 -> 2543906 |
Por:No Registrado | |
RE: VERAO Eu tamen o recordo, que diferentes son os tempos. Eramos felices de un xeito tan natural, as apostas de quen se tirava mais lonxe na punta do muelle. As festas tan boas que havia por toda a comarca, roubar froita, no descanso das festas. Foi pasando de xeracion en xeracion. Ata que todo foi diferente, parece que fai un siglo pero fai coarenta anos, ainda eramos felices con cousas tan sinxelas. | |
Puntos: |
21-06-09 23:36 | #2547018 -> 2546461 |
Por:No Registrado | |
RE: VERAO Tamen se disfrutaba moito facendo cabanas no monte, nas que gardabamos todo o material bélico (tabaco, bebidas etc.)temén faciamos arcos, flechas, espadas e xogábamos dependendo da película que víramos ese fin de semá no cine Adriano.Pasábamos moitas horas polo monte.Cando lle conto esto a miña filla me mira como si fora un ET(¿sereino?. | |
Puntos: |
22-06-09 08:37 | #2547856 -> 2547018 |
Por:No Registrado | |
RE: VERAO Si recordo o das cabanas no monte e cando xogábamos a as guerras ou nos vestíamos de indios e vaqueros;aquelas sí que eran festas,e as orquestas eran de aunténticos profesionais:lopez malde,bellas farto,lamas lapiña,iris,saratoga,los players,bellas lopez,los satélites,...acórdome do piquieo e da canteira que alí habia,chamábanlle da loca,.. | |
Puntos: |
22-06-09 22:24 | #2554260 -> 2547856 |
Por:No Registrado | |
RE: VERAO Eran duas as canteiras que habia no Piqueiro, unha era a canteira vella que non se podia andar moito nela pola cantidade de árbores e silvas que medraban alí, é a outra era a canteira da loca que era un oco na terra cuberto de herba, era un lugar perfecto para todo e para aislarte do mundo, a canteira lindaba co camiño que cruzaba a via do tren dende Servia ata a igrexa de Maniños. A última vez que pasei por alí para enseñala a miña muller nos encontramos que xa non exitia a habian recheado, non o podia crer,foi como si me roubaran o baúl dos recordos. | |
Puntos: |
23-06-09 12:01 | #2557172 -> 2554260 |
Por:No Registrado | |
RE: VERAO asi é nesa canteira xogábamos a as guerras,e polo piqueiro collíamos musgo no Nadal,e ibamos coller castañas e ver nidos de carrizos ou de rulas,.... | |
Puntos: |
24-06-09 18:57 | #2568459 -> 2554260 |
Por:No Registrado | |
RE: VERAO nos colliamos nesa canteira ferexos (amorodos) que savian a gloria bendita nunca os comin tan bos¿sera nostalgia non o sei? | |
Puntos: |
Tema (Autor) | Ultimo Mensaje | Resp | |
Apoio os nosos rapaces, “Pre-Benxamins” (S.D. Barallobre) Por: No Registrado | 16-01-15 14:38 No Registrado | 1 | |
Foto: CASA DE ESCOBAR Por: No Registrado | 07-04-08 20:16 No Registrado | 0 | |
Foto: Interior Iglesia de Barallobre Por: No Registrado | 23-09-07 22:16 No Registrado | 2 | |
Foto: Semana Santa 2004 Por: No Registrado | 17-08-07 10:43 No Registrado | 1 |
![]() | ![]() | ![]() |