Foro- Ciudad.com

Barallobre (Santiago) - La Coruña

Poblacion:
España > La Coruña > Barallobre (Santiago) (Fene)
22-12-08 23:51 #1565523
Por:No Registrado
CENA DE NOITEBOA EN BARALLOBRE
Nos anos 70 e 80, recordo cenar na Noiteboa besugo ao forno, e tamén o facían nas casas dos meus amigos. Non sei si sería tradición en Barallobre ou estaba de moda en aqueles anos. A partires dos 90, debido aos precios astronómicos que alcanza este peixe nestas datas, sustituimolo por dourada, lubina ou uns bos panchos, que non están mal pero non é o mismo. ¿Lembrades o que cenabades vosoutros?

Por último, xa que para a maioria hoxe é o día da saude (salvo para os afortunados da lotería), desexo que a poidades manter todo o ano. Feliz cena para todos, amodiño si tedes que coller o coche, e a Manel, xa que esa noite ten garda no hospital, que polo menos sexa tranquila.
Puntos:
23-12-08 06:16 #1565886 -> 1565523
Por:No Registrado
RE: CENA DE NOITEBOA EN BARALLOBRE
Asi é a miña nai fixo besugo mais de unha vez.Era moi boa cociñeira.Das larpeiradas poi comíamos as que nos daban no reparto do Economato da Bazan xa que miña nai era viuda dun traballador desa empresa e tiña dereito a o reparto.Recorodo o turron blando e duro da marca Picó,a misma marca que este ano déronme na clínica e que viña na cesta que todos os anos nos dan.As pasaas,os figos,os dátiles,a lata de meloctons,e as mantecadas de Astorga,...Hoxe o besugo ten un precio prohitibo pero daquela comíase moito o mismo que con o bacalao,hoxe moi caro pero daquela era un plato moi común nas nosas casas.Hay tamen que o comia na Noiteboa.Espero que mais xente de Barallobre nos conte o que comían na Noite boa de os anos 50/60.Manel
Puntos:

Tema (Autor) Ultimo Mensaje Resp
Cena Baile Comision de Festas 2011 Por: No Registrado 27-12-10 20:10
No Registrado
13
Simulador Plusvalia Municipal - Impuesto de Circulacion (IVTM) - Calculo Valor Venal
Foro-Ciudad.com - Ultima actualizacion:07/08/2020
Clausulas de responsabilidad y condiciones de uso de Foro-Ciudad.com