27-10-08 20:25 | #1340159 |
Por:No Registrado | |
Foto: entraa a á escola do carril na parte das nens | |
Puntos: |
28-10-08 23:05 | #1345333 -> 1340159 |
Por:No Registrado | |
RE: escola do carril (O Gorila) Pois e posible que moitos ex-alumnos se alegren do derribo, polos malos recordos que lles trae. Eu tuven a sorte de non ir, pero amigos meus da infancia teñenme contado historias para non durmir. Tiñan un profesor apodado "O Gorila" que mallaba neles arreo, con unha regla e un compás de madeira, ou cos puños cerrados, ou co que pillara a man. Mais de un ten sangrado polos oidos, ou perder o sentido, e pobre do que contara algo aos pais, porque despois sería peor. O wc era de uso exclusivo do mestre, e como non había cisterna, os alumnos eran obligados por turnos para ir buscar cubos de auga o Carril. Os rapaces tiñan que facer as suas necesidades a intemperie, entre a maleza de unha leira próxima, e levaban unha fouciña para despexar un espazo onde evacuar. ¿Algún de vos viviu algo disto? | |
Puntos: |
28-10-08 23:31 | #1345479 -> 1345333 |
Por:No Registrado | |
RE: escola do carril (O Gorila) sí e tamén collía a os nenos polas orellas e os levantaba pra rriba;moitos tiñan as orellas raxadas dos tirós que daba nelas;tamén pegaba con a corda da bandeira e había que ir a izala pola mañá antes de empezala clase;desde logo que a letra nesa escola con sangre entrou | |
Puntos: |
29-10-08 13:31 | #1346929 -> 1345333 |
Por:No Registrado | |
RE: escola do carril (O Gorila) VIVIR? Aquilo non era vivir. Fun dos primeiros alumnos e aínda hoxe estou obsexionado e traumatizado, como outros. Eu non recordo de empregar a fouciña,pero de facer as necesidades á intemperie, si é certo, durante moitos anos fomos por un camiño que unía o camiño do Carril ca estrada da Palma, pola veira dun terreo peado, o cual creo recordar, era da familia de Dna.Avelina. Hoxe,caseque estou seguro, que o Gorila ademáis de ser un animal, era pederasta. Dios,que noxo, cando non te arreaba, enchíache a cara de babas. Non creo que poida saír do inferno nunca, él e os que noutras parroquias empregaron o mesmo sistema. E que carrallo ía ser Joseantoniano, era máis, era un canaia dexenerado. | |
Puntos: |
29-10-08 22:49 | #1349885 -> 1346929 |
Por:No Registrado | |
RE: escola do carril (O Gorila) tes razon eu polas mañas baixaba a costa da estación e soio con vela ali abaixo xa me entraba medo pensando o que poidera pasarme nese dia;eu tuven sorte xa que non levei moitos paus;pero ainda recordo coma a un veciño meu meteullo o mango do plumeiro de limpar o polvo e fíxolle sangrar o paldar da boca;ese dia saleu correndo chorando e gritando e nunca mais quixo voltar a á escola;recordo coma un gritaba "ai señor mestriño non me pegue mais señor mestriño" | |
Puntos: |
Tema (Autor) | Ultimo Mensaje | Resp | |
Foto: Exposición sobre o "Pazo de Barallobre", 2014 Por: No Registrado | 19-02-15 07:58 No Registrado | 2 | |
Foto: procesion Barallobre 2010 Por: lauraBARALLOBRE | 20-08-10 16:26 No Registrado | 1 | |
Foto: Procesion de Santiago año 2009 Por: No Registrado | 10-08-09 20:55 No Registrado | 0 | |
Foto: Cine Adriano Por: No Registrado | 30-07-07 22:19 No Registrado | 0 |
![]() | ![]() | ![]() |