Foro- Ciudad.com

Barallobre (Santiago) - La Coruña

Poblacion:
España > La Coruña > Barallobre (Santiago) (Fene)
24-07-08 10:59 #1032458
Por:No Registrado
Imos rezar ao noso Patón
Señor Santiago, que de tan lonxe viñeches predicar na nosa patria as verdades do Evanxeo, e que aínda despois de morto quixeches que o teu corpo pasase o mar para descansar eternamente na terra galega. Ti que chamaches unha estrela para que brillase sobre os nosos agros no miragre do teu sepulcro; ti que desde a túa igrexa fixeches peregrina-las xentes de toda Europa para que viñesen adorar en Galicia as túas reliquias; ti que tantas probas nos tes dado da túa predilección e do teu amor. ¿Por que nos esqueces?

Arredor da túa sepultura formouse a nosa lingua, ó pé do teu templo naceu a nosa arte, para ti cantaron os nosos trobeiros. Galicia enteira ten algo teu, e en ti inspirou as súas obras. ¿Consentirás, Señor, que Galicia desapareza, que Galicia morra?

Mira ó teu redor, os vellos costumes abandonados, mortas as antigas liberdades, despreciado o vello idioma en que che falaron tantas xeracións, o idioma santo de Xelmírez; mira a nosa terra presa de homes que viñeron de fóra a roubala, a magoala; mira o noso chan empobrecido; mira a triste miseria dos seus fillos, a súa sede de xusticia e a súa fame de pan, e ten piedade da súa dor, da súa pobreza e da súa ignorancia.

E xa que amaches a Galicia cando era Galicia, acorre ós que queremos resucitala e volvela outra vez ó esplendor e riqueza de que é merecente. Dáno-lo teu espírito de apóstolo para que vaiamos por vilas e lugares a espalia-las novas verdades, que non son máis que as antigas verdades; e así que chegue a hora da loita e da batalla, empréstanos, Señor, a forza do teu brazo, que soubo alá en Clavixo fender testas de infieis, para que poidamos con ela vence-los nosos aldraxadores, os nosos opresores, os ladróns de todo o que nos pertencía.

Acóllenos na túa gracia, Señor Santiago; grava a túa cruz nos nosos peitos, e fai brillar por riba das nosas testas, ben acesa e ben brillante, a túa estrela milagreira
Puntos:

Tema (Autor) Ultimo Mensaje Resp
Apoio os nosos rapaces, “Pre-Benxamins” (S.D. Barallobre) Por: No Registrado 16-01-15 14:38
No Registrado
1
Sociedad Deportiva Barallobre - Próximos encontros Por: No Registrado 29-10-14 08:31
No Registrado
8
AS ACERAS DO NOSO POBO,KE NON ACABAN,KE NON LLES PAGAN Por: No Registrado 14-09-08 14:39
No Registrado
5
Simulador Plusvalia Municipal - Impuesto de Circulacion (IVTM) - Calculo Valor Venal
Foro-Ciudad.com - Ultima actualizacion:07/08/2020
Clausulas de responsabilidad y condiciones de uso de Foro-Ciudad.com