19-02-15 23:14 | #12481740 |
Por:No Registrado | |
Subvencións O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as cantidades adjudicadas ós distintos concellos galegos para a contratación dun axente de emprego e desenvolvemento local, para o exercicio ¡2013! A lentitude das administración públicas, especialmente na Xunta de Galicia, é realmente exasperante. Ó Concello de Ares correspondeulle cerca de oito mil euros, que entendemos sigue a espera de recibir. Moi boa xestión, sr Feixoo. | |
Puntos: |
19-02-15 23:23 | #12481749 -> 12481740 |
Por:No Registrado | |
RE: Subvencións O Concello de Ares recibirá asimismo cerca de 36000 euros para o fomento do emprego (ano 2013), é decir, para a contratación de desempregados para a realización de diversas obras e servicios. | |
Puntos: |
15-06-15 21:46 | #12697854 -> 12481749 |
Por:No Registrado | |
RE: Subvencións O Pleno aproba unha modificación de crédito para a execución de obras, co voto en contra do PP e o BNG 06 xuño 2015 O grupo de goberno do Concello de Ares, do PSOE, logrou sacar adiante no Pleno celebrado onte unha modificación de crédito que permitirá a execución de diversas obras no municipio, e isto a pesar da pinza formada polo PP e o BNG, que rexeitaron a iniciativa para tratar de tumbar, unha vez máis, as propostas do grupo de goberno municipal. Neste sentido,o alcalde en funcións, Julio Iglesias, sinalou que grazas á modificación de crédito aprobada onte poderanse executar varias obras, que dependen de subvencións concedidas ao Concello e da aportación municipal ás mesmas, polo que non entende a postura de populares e nacionalistas, e a súa negativa a que se podan levar a cabo proxectos tan importantes para os veciños do municipio. Iglesias indicou que o Concello dedicará o modificado de 310.000 euros a unha serie de actuacións de mellora que incluén obras tanto no casco urbano como nas parroquias, tales como un Centro de Transformación para a casa do Concello e os edificios do seu entorno, a construcción dunha pista polideportiva en Pedrós, a execución dun parque infantil e biosaludable en Pedrós, a mellora do alumeado no caso urbano ou a reforma dun edificio municipal para centro sociocomunitario, que tamén funcionará como centro de saúde provisional durante a construcción do novo, entre outras actuacións. Deste xeito, o modificado permitirá a dotación dun Centro Transformador ao edificio do Concello, que suporá reforzar a electricidade nos edificios do entorno do consistorio e o mercado. Esta obra conta cun importe de 64.000 euros. Outra das inversión que se contempla é a execución dunha pista polideportiva en Pedrós, cunha inversión total de 96.755,85 euros, e que suporá incrementar a oferta en infraestruturas e novos equipamentos do complexo deportivo de Pedrós que permitirá a práctica de novos deportes, como o baloncesto, aos xóvenes. Outra partida do modificado de crédito irá destinada á reforma do alumeado público no casco urbano de Ares (cun presuposto de 39.997,50 euros), a cal implica a sustitución das luminarias actuais por outras de baixo consumo. Outra das actuacións que inclúe o modificado é a execución de reforma dun edificio municipal para centro sociocomunitario. A obra, que ten un presuposto de 105.846,73 euros, permitirá tanto á veciñanza como ás entidades e asociacións municipais contar cun espazo no que levar a cabo diversas actividades. Ademais, o edificio servirá como centro de saúde provisional durante a execución das obras de construcción do novo, que xa conta coa licencia municipal. Tamén neste modificado contémplase a construcción dun parque infantil e biosaludable en Pedrós, unha actuación que conta cun presuposto de 27.0939, 82 euros e servirá para dotar a este lugar do municipio dun equipamento de ocio e encontro veciñal. Todas estas actuacións sufragaranse con subvencións doutras administracións e contan con aportación municipal para as mesmas, polo que a súa aprobación permitirá á administración local poder levalas a cabo, coa incomprensible oposición do BNG e do PP. | |
Puntos: |
Tema (Autor) | Ultimo Mensaje | Resp | |
Ares - Deuda viva del Ayuntamiento a 31/12/2019 Por: Foro-ciudad.com | 30-06-20 14:52 Foro-ciudad.com | 1 | |
Estrada de Chanteiro Por: No Registrado | 08-11-15 14:05 No Registrado | 4 | |
Gestión del agua Por: No Registrado | 14-12-13 09:41 No Registrado | 2 | |
ARES - Elecciones Generales 2008 Por: Generales2008 | 10-03-08 00:02 Generales2008 | 0 |
![]() | ![]() | ![]() |