12-06-13 21:46 | #11368360 |
Por:No Registrado | |
12 de xuño. Folga xeral en Ferrolterra Había décadas que non se vivía una movilización como a desta mañá en Ferrol. Cincuenta ou sesenta mil veciños da bisbarra se xuntaron no Inferniño para pedir ó goberno medidas que leven á creación de emprego na comarca. O portavoz dun sindicato, deixandose levar pola paixón do momento, cifrou en cento vinte mil os asistentes. Isto foi posible grazas á unidade sindical e ó apoio político da todos os concellos da comarca. Ata o concello de Ferrol, gobernado polo PP, mostrou o seu apoio ás movilizacións. A práctica totalidade das industrias e comercios de Ferrol e Narón pecharon as portas, ratificando o apoio mostrado nas vísperas. | |
Puntos: |
12-06-13 22:01 | #11368386 -> 11368360 |
Por:No Registrado | |
RE: 12 de xuño. Folga xeral en Ferrolterra Poidemos ver miles de xubilados, moitos maís que en outras manifestacións. Estes abós, que sempre estiveron ahí para axudar a fillos e netos, están chegando ó límite, porque agora non chega con axudar. Agora teñen que manter e vestir a fillos e netos. Inda por riba, moitos dos nos nosos maiores foron estafados polas preferentes, lles roubaron os aforros de toda una vida, se encontran desesperados e cada día coa saude máis precaria. Poidemos ver miles de chavales, sin esperanza de atopar traballo na nosa comarca, que se ven obrigados a emigrar. Poidemos ver miles de traballadores do naval, moitos deles no paro porque xa non quedan barcos nas gradas de Navantia Fene ou Ferrol. Poidemos ver vecinos e amigos chegados de todos os concellos e aldeas da bisbarra. Parentes que había tempo que non veíamos. Incluso compañeiros das outras provincias galegas que viñeron a apoiarnos. | |
Puntos: |
Tema (Autor) | Ultimo Mensaje | Resp | |
Ares Resultados Elecciones Municipales 2019 Por: Foro-ciudad.com | 27-05-19 02:17 Foro-ciudad.com | 0 | |
Presupuesto detallado del Ayuntamiento de Ares - 2015 Por: Foro-ciudad.com | 22-09-16 11:42 Foro-ciudad.com | 0 | |
Contribución Por: No Registrado | 12-11-13 00:34 No Registrado | 3 | |
37 incendios en Ares queman 282.67 Ha durante el decenio 2001-2010 Por: Foro-Ciudad.com | 27-09-12 00:52 Foro-Ciudad.com | 0 |
![]() | ![]() | ![]() |