29-05-11 13:35 | #7997988 |
Por:No Registrado | |
Progama oficial do Pp de Ames 2011-2015 1. XESTIÓN ECONÓMICA E IMPOSTOS ØFaremos un plan de equilibrio financeiro e control orzamentario. ØPracticaremos a austeridade e controlaremos o gasto. ØConxelaremos todos os impostos que as disposicións legais permitan. ØRevisaremos á baixa as taxas municipais. 2. EDUCACIÓN E CULTURA -Manteremos e melloraremos os comedores escolares. -Daremos estabilidade aos traballadores. -Pediremos ciclos de Formación Profesional, medio e superior, para o novo instituto de Milladoiro. -Teremos unha Escola Superior de Música e unha Escola Oficial de Idiomas. 3. MAiORES E DEPENDENTES -Crearemos un centro de día para Ames. -Aumentaremos os servizos de atención aos nosos maiores e dependentes. -Fomentaremos a asistencia domiciliaria, promoveremos a formación das persoas coidadoras co fin de mellorar o seu traballo e facilitarlles unha saída laboral no futuro. 4. IGUALDADE E TRABALLO ØPromoveremos programas para o fomento do emprego. ØRealizaremos programas de formación e cualificación para facilitar e mellorar o emprego. ØMelloraremos os servizos de apoio á conciliación da vida persoal, laboral e familiar. ØAxudaremos a instalarse no noso concello a empresas que creen emprego. 5. TRANSPORTE -Faremos un estudo de viabilidade para a implantación do transporte urbano en todo o termo municipal. -Elaboraremos un estudo de viabilidade para o establecemento de rutas permanentes. 6. SEGURIDADE -Reforzaremos a presenza policial en todo o concello, cunha dotación permanente no Milladoiro e área de influenza. -Faremos un estudo integral de seguridade viaria para todo o concello. 7. XUVENTUDE -Fomentaremos as escolas deportivas sen límite de idade. -Crearemos bibliotecas para o estudo, cun horario amplo. -Sentaremos as bases para crear unha gran área deportiva, de ocio e tempo libre. 8. INFRAESTRUTURAS E URBANISMO -Vertebraremos o concello para poder dar servizos máis eficientes. -Elaboraremos os proxectos de reurbanización dos dous núcleos urbanos. -Planificaremos áreas de aparcamento en Milladoiro e Bertamiráns. -Todas as informacións de carácter urbanístico solicitadas polos veciños serán expedidas en 10 días, como prazo máximo. -Xestionaremos ante as administracións competentes todas as grandes infraestruturas necesarias para o noso concello. 9. NOVAS TECNOLOXÍAS -Implantaremos a tramitación telemática de todos os procedementos administrativos mediante o programa “O concello na túa casa”. -Implantaremos conexión de banda ancha en todo o concello, con especial atención ao rural. 10. MEDIO AMBIENTE -Revisaremos o saneamento e abastecemento, co fin de modernizar e finalizar as redes. -Ampliaremos a E.D.A.R de Sisalde, como punto de partida para a recuperación integral do Río Sar, ao seu paso por Ames. -Crearemos un novo punto limpo no norte do concello. 11. DEPORTES -Fomentaremos a práctica deportiva para todas as idades, en especial todos os deportes en contacto ca natureza. -Impulsaremos e dignificaremos as escolas deportivas, máis ala dos 14 anos. -Sentaremos as bases dunha gran área de instalacións deportivas, culturais e de lecer. -Recuperaremos e manteremos todas as zonas deportivas do concello. 12. RURAL -Terminación das beirarrúas e recuperación dos tramos deteriorados. -Mellora do alumeado alí onde faga falta e racionalización do mesmo. -Limpeza de cunetas e reparación das pistas. -Numeración. -Terminación do abastecemento e saneamento. -Melloras das comunicacións: TV, internet,… -Impulsaremos e remataremos as concentracións parcelarias onde están pendentes. -Atenderemos ao acondicionamento das pistas forestais e agrarias. -Melloraremos a instalarse no noso concello o transporte, co reforzo das liñas existentes e creación de novas liñas de conexión entre ás parroquias, os grandes núcleos e Santiago. | |
Puntos: |
08-03-15 15:21 | #12500138 -> 7997988 |
Por:No Registrado | |
RE: Progama oficial do Pp de Ames 2011-2015 Fixeron unha merda de todo iso, so subiron impostos¡¡ | |
Puntos: |
29-03-15 13:05 | #12544519 -> 7997988 |
Por:No Registrado | |
RE: Progama oficial do Pp de Ames 2011-2015 ![]() | |
Puntos: |
Tema (Autor) | Ultimo Mensaje | Resp | |
Elecciones Europeas 2014 - Resultados electorales Ames Por: Foro-Ciudad.com | 26-05-14 02:26 Foro-Ciudad.com | 0 | |
A banda estreita da cabeza de Amor e compañía.... Por: No Registrado | 01-05-11 19:35 No Registrado | 0 | |
Expedientes na brigada de obras de ames Por: No Registrado | 13-03-11 13:23 No Registrado | 5 | |
Resultado Elecciones Locales 2007 en Ames. Por: Locales2007 | 28-05-07 01:04 Locales2007 | 0 |
![]() | ![]() | ![]() |