Foro- Ciudad.com

A Coruña - La Coruña

Poblacion:
España > La Coruña > A Coruña
18-11-09 13:43 #3888021
Por:manu

Tribunal Supremo desbota que os pais decidan a lingua de ensino
Por coerencia, naide debe desprezar a cultura dos seus antergos nin a que lle rodea.


https://ww.vieiros.com/nova/73960/unhas-80-persoas-piden-que-se-garanta-o-ensino-en-galego

O Tribunal Supremo desbota que os pais decidan a lingua de ensino

Rexeita o recurso presentado por unha familia viguesa que exixía que o seu fillo recibise clases en español.
Redacción - 12:44 17/11/2009
Tags: decreto galego sentenza Tribunal Supremo



Os pais non poden decidir o idioma no que han estudar os seus fillos. Así se deduce dunha sentenza do Tribunal Supremo, que non admite un recurso interposto pola familia dun estudante vigués, que exixía que o seu fillo recibise as clases unicamente en español. O texto xudicial di que recoñecer a "toda persoa dependente da xurisdición dun Estado o dereito a ser instruído na lingua da súa elección conduciría a resultados absurdos, xa que todos poderían reivindicar unha instrución impartida en calquera lingua, en calquera dos territorios".

Recurso desestimado
En concreto, este proceso iniciarase en 2007, cando os pais dun alumno do centro privado Los Sauces (Vigo) remitiron á Consellaría de Educación (dirixida pola socialista Laura Sánchez Piñón) un escrito no que pedían que o rapaz recibise toda a docencia en español. Logo de que este departamento llo denegase, a familia acudiu á vía xudicial.

No seu recurso, defenden o dereito a escoller a lingua de ensino do seu fillo baseándose, dunha banda, no artigo 26 da Declaración dos Dereitos Humanos ("todos os pais terán dereito preferente a escoller o tipo de educación que recibirán os seus fillos"). A sentenza que agora dita o Supremo asegura que "tal precepto non autoriza o deseño do currículo educativo dos fillos a conveniencia dos pais". Doutra banda, refírense ao artigo 27 da Constitución Española, que recoñece a liberdade de ensino. O Alto Tribunal alega que este artigo "non ten por efecto garantir nin a pais nin a fillos o dereito a unha instrución impartida na lingua da súa elección". Finalmente, desestímase o recurso e obrígase ao demandante a pagar as costas do proceso.

E o decreto?
Esta sentenza, que é un importante pau para as demandas de colectivos como Galicia Bilingüe, cobra vital importancia nun contexto no que a Consellaría de Educación está a piques de dar a coñecer a súa proposta de decreto do ensino, que derrogará o aprobado polo bipartito (e que garantía que o ensino fose en galego e en español a partes iguais).

Poder ler aquí a sentenza completa (Fonte: Centro de Documentación Xuducial do Tribunal Supremo)
Puntos:
22-11-09 15:22 #3928426 -> 3888021
Por:Galegocarvalho

RE: Tribunal Supremo desbota que os pais decidan a lingua de ensino
Os fachas espanhóis devem estar surpreendidos desta sentença, nem os muito fachas do TS lhes dam a razom.
Vermes culturicidas fora da Galiza já!
Puntos:

Tema (Autor) Ultimo Mensaje Resp
HARDWARE PARA CENTROS CÍVICOS Por: Foro-Ciudad.com 26-02-10 05:53
Foro-Ciudad.com
0
que le dan los de citroen a feijo Por: MANU 08-03-09 23:09
MANU
0
PRECIOSO CACHORRO DE BOXER BLANCO Por: boxerdoanllons 24-11-08 00:13
boxerdoanllons
0
SE BUSCA A MACHIN, PERRO MEXCLA DE CANICHE Y RATONERO PERDIDO EN LA CORUÑA. AYUDEMOS A ENCONTRARLO!! Por: Melotxu 14-04-07 03:42
Melotxu
0
Simulador Plusvalia Municipal - Impuesto de Circulacion (IVTM) - Calculo Valor Venal
Foro-Ciudad.com - Ultima actualizacion:07/08/2020
Clausulas de responsabilidad y condiciones de uso de Foro-Ciudad.com