Foro- Ciudad.com

O concello de A Gudiña

Poblacion:
España > Orense > Carracedo da Serra (A Gudiña)
O concello de A Gudiña
Superficie: 170,7 km²
Poboación: 1.625 habitantes
Parroquias: A Gudiña (San Martiño e San Pedro) , Barxa (San Xoán) , Carracedo da Serra (Santiago) , O Canizo (Santa María) , O Tameirón (Santa María) , Parada da Serra (San Lucas) , Pentes (San Mamede) , San Lourenzo de Pentes (San Lourenzo).

O concello de A Gudiña ten unha extensión de 170,7 quilómetros cadrados. Xeograficamente está situado no sueste da provincia de Ourense e emprazado na parte máis occidental das serras orientais de Galicia que fan de linde entre a depresión de Monterrei, ao oeste, e a zona de Sanabria ( Zamora).

Pertence a unha zona coñecida co nome de Terra das Frieiras na que se encadran, tamén, os municipios da Mezquita e Riós. Ademais, forma parte da comarca de Viana do Bolo.

Está formado por serras, extensión de achanzamento e vales, tendo unha altitude moi elevada. No referente ás serras hai que nomear a Serra do Canizo (1.448 m.) que se encadra dentro dunha cadea montañosa maior coñecida como Serra Segundeira, no noreste do concello; ao oeste podemos albiscar os Montes do Invernadeiro (1.604 m.) nas terras denominadas Alto das Rozas que forman parte da Serra de Queixa-Macizo da Manzaneda. Estas elevacións montañosas enmarcan as superficies máis chás do concello, que non por iso son de escasa elevación (por exemplo: Os Chairos a 1.185 m.), e os vales. Son numerosos os ríos e os regatos que regan as terras deste concello sendo os máis importantes, na parte meridional e oriental, os ríos Mente, Rabacal, Abeigas e Moas que envorcan as súas augas nos afluentes do Douro. As augas máis occidentais e setentrionais van parar ao río Camba, afluente do Sil.

A súa altitude fai que as temperaturas sexan moi baixas nos meses de inverno cunha media de 4,3 graos e moi frescas no verán (cunha media aproximada de 18 graos no mes de agosto). É un clima oceánico de montaña con trazos de continentalidade acadando as precipitacións uns 1460 mm. anuais, chegando a haber unha época de seca no verán.

Fonte: www.crtvg.es
Enviado por: monikadbarja | Ultima modificacion:17-02-2008 14:33
Simulador Plusvalia Municipal - Impuesto de Circulacion (IVTM) - Calculo Valor Venal
Foro-Ciudad.com - Ultima actualizacion:15/01/2020
Clausulas de responsabilidad y condiciones de uso de Foro-Ciudad.com