Foro- Ciudad.com

A Xironda - Orense

Poblacion:
España > Orense > A Xironda (Cualedro)
11-06-08 20:38 #941330
Por:No Registrado
Foto: o forno



Esta fotografía traeralle a moitos xirondinos que andan espallados polo mundo fóra, recordos doutros tempos moito máis difíciles, cando roían a bica quente a caron do tendal do forno. A casa do forno é un símbolo que forma parte da nosa Historia, era a casa de todos, era o braseiro público e a súa porta sempre estaba aberta. Era a fábrica do pan onde se cocía día e noite sen apenas folgar, a masa feita coa fariña de centeo para alimentar a numerosa poboación en tempos de miseria e razonamento.
Ó forno ían parar todos os pobres que chegaban á vila procedentes doutros lares moito máis míseros en busca de refuxio, alí durmían quentes e sempre había xente caritativa que lle daba un anaco de pan para sacia-la fame.
A carón da borralleira do forno xuntábanse os homes nas noites dos frios invernos, para quenta-las canelas e espreita-las derradeiras noticias. Alí podíanse escoita-las historias máis arrepiantes e as aventuras máis sorprendentes dos emigrantes que voltaran da América e dos soldados que estiveran na guerra, era o punto da información máis quente, e nunca mellor dito. Xa o dicía o refran: "Quen queira sabe-las cousas, pase pola forxa do ferreiro, escoite os contos do forno, e vaia polo fiadeiro."
Un xirondino.
Puntos:

Tema (Autor) Ultimo Mensaje Resp
Foto: Festa do Carmen Por: No Registrado 04-07-12 21:14
xirondesa1
4
Foto: na xironda, que alguen diga onde é! Por: No Registrado 25-01-09 16:37
No Registrado
0
Foto: unha xoia histórica Por: No Registrado 14-12-08 21:32
No Registrado
0
Foto: unha xoia histórica Por: No Registrado 09-05-08 15:34
No Registrado
1
Simulador Plusvalia Municipal - Impuesto de Circulacion (IVTM) - Calculo Valor Venal
Foro-Ciudad.com - Ultima actualizacion:09/08/2020
Clausulas de responsabilidad y condiciones de uso de Foro-Ciudad.com