Foro- Ciudad.com

A Peroxa - Orense

Poblacion:
España > Orense > A Peroxa
13-04-05 15:26 #54489
Por:No Registrado
Informacion Castillo
Desearia informacion , Blibiografia , sobre el castillo de A Peroxa
segun tengo entendido , fue una dote de una Fernandez de Temes que caso con un Conde de Rivadavia ......
Gracias por anticipado
Puntos:
05-08-05 12:30 #93139 -> 54489
Por:No Registrado
RE:Informacion Castillo
Sobre o Castelo de A Peroxa comentar que por desgraza, como caseque todo o noso patrimonio, está pouco estudado e tamén o estudado pouco divulgado.
O Castelo está asentado nunha pequena elevación de carácter circular. Pequena elevación pola banda de cara á actual povoación capitalina de A Peroxa, xa que polas outras bandas presenta un pronunciado desnivel, o cal a fai perfecta para a defensa dos que alí morasen. Ao pé desta elevación discurre o rio Rial, na súa baixada cara o Miño, feito que garantizaba abondasa auga potábel.
Os primeiros moradores de seguro que foron xentes da cultura castrexa, xa que as características do terreo son inmellorábeis para a concepción dun asentamento deste tipo.
Considera-se que no 793, reinando Afonso II, a familia Temes foi quen comezou a actual edificación, que é hoxe unha das sobranceiras do concello de A Peroxa (mágoa que coa delimitación provincial do século XIX, propugnada por Javier de Burgos, a parroquia de Temes e a de San Román foran escindidas de A Peroxa pasando non so a Carballedo, senón á provincia de Lugo, tendo por medio o rio Búbal como barreira natural, distando poucos quilómetros de A Peroxa vila, e poucos máis da cidade de Ourense. Foi pois unha decisión, pouco comprensíbel). Dende o castelo, os Temes governaron as súas posesións.
As lendas, ou a historia segundo a quen se lea, contan que os mouros e concretamente Abd Al-Kharim atacou e apoderou-se do castelo, facendo saidas e aterrando á povoación. Unhas lendas contan a existencia dun tunel polo que os mouros saian e tamén levaban a beber aos seus cabalos. Outras contan que quen levaban a beber aos cabalos eran os sitiados. De todos os xeitos a existencia en penedas cercanas de gravacións de ferraduras, ou que asemellan ferraduras, son os pasos ou saltos que deu o cabalo de Santiago, quen veu para expulsar aos mouros.
No século XIII, o castelo de A Peroxa foi o lugar de residencia do "Adelantado Mayor de Galicia" (de seguro que a maioria das xentes de A Peroxa descoñecen que dende eiquí se governou Galiza). No ano 1370 foi nomeado "Adelantado Mayor de Galicia" Pedro Ruiz Sarmiento, o primeiro conde de Ribadavia. É por iso que aínda hoxe o concello de A Peroxa conserva no seu escudo o castelo e os trece roeles dourados da casa de Sarmiento. Houbo un proxecto de reforma do escudo no concello, pero eu como voceiro do BNG no concello opuxen-me en inicio, e até o de agora non se volveu a sopesar a cuestión.
No século XV os irmandiños tomaron e derrubaron parte do Castelo.
No XVIII foi desamortizado como tantas outra propiedades señoriais ou eclesiásticas. Pasou a ter as dependencias co concello e nos seus arredores seguiron celebrando-se as salientasbeis feira de A Peroxa.
No 1920 un particular mercao e vende pedra do Castelo para a construcción da Igrexa de A Peroxa (antes Fontearcada).
Hai uns anos escomezaron unhas labores de roza e adecentación do Castelo e arredores. Fixeron-se relativamente ben e adecentou-se o rio Rial, un muiño ao seu carón e preparou-se un carreiro sinalizado pola beira do Rial dende a aba do Castelo até a localidade de A Peroxa perto da Igrexa. Ademais pechou-se con rede aceirada unha zoa raiá co Castelo, onde a natureza tenta voltar a ser o que foi. Todas estas actuacións son aplaudidas por residentes e visitantes do Castelo e de A Peroxa, non así as escaleiras de pedra que se fixeron para acceder ao Castelo, que son un atentado terríbel ao lugar, aos restos da construcción que se manteñen en pé e a calquera sensibilidade.
Puntos:

Tema (Autor) Ultimo Mensaje Resp
Elecciones Generales 2016 - Resultados electorales en A Peroxa Por: Foro-Ciudad.com 26-06-16 22:38
Foro-Ciudad.com
0
Presupuesto detallado del Ayuntamiento de A Peroxa - 2014 Por: Foro-Ciudad.com 30-06-15 17:50
Foro-Ciudad.com
0
Ayuntamiento de Peroxa, A - Aprobados 253.728 € - Fondo Estatal para el Empleo y la Sostenibilidad Local Por: Foro-ciudad.com 12-11-09 20:57
Foro-ciudad.com
0
Carretera da peroxa Por: cuibi 16-09-06 12:26
cuibi
0
Simulador Plusvalia Municipal - Impuesto de Circulacion (IVTM) - Calculo Valor Venal
Foro-Ciudad.com - Ultima actualizacion:07/08/2020
Clausulas de responsabilidad y condiciones de uso de Foro-Ciudad.com