Foro- Ciudad.com

O Cádavo - Lugo

Poblacion:
España > Lugo > O Cádavo (Baleira)
23-09-09 13:30 #3323707
Por:No Registrado
Co permiso de Paulo Conde Ferro
DÍA DE TEBRAS E SOMBRAS

Paulo Conde Ferro



Dia de tebras e sombras.
Dia escuro. Dia gris.
Miro de novo o infinito
na xanela da esperanza...
O sol debe estar a sair.

Busco no eterno horizonte
unha luz que me faga vivir.
Busco no lar dos teus ollos
as estrelas que iluminen
esta noite sen lua de abril.

Cantas noites soñando contigo.
Cantos dias morrendo sen ti.
Cantas vidas buscando un sentido
neste rio de bágoas ferido
neste niño de auséncias febril.


Ventos de aires estraños
brillan ceives perto de min.
Son como doces paxaros,
son como un ceo azul claro
nunha festa que nunca ten fin.

Fiel polisón navegante
nesta barca afundida ao partir.
Fiel pescador de utopias,
prisioneiro da soidade,
condenado a non existir.

Cantas noites soñando contigo.
Cantos dias morrendo sen ti.
Cantas vidas buscando un sentido
neste rio de bágoas ferido
neste niño de auséncias febril.

Puntos:
18-02-11 02:18 #7102295 -> 3323707
Por:No Registrado
RE: Co permiso de Paulo Conde Ferro
Que fermoso,fixéchelo tu?
Puntos:

Tema (Autor) Ultimo Mensaje Resp
a alcaldia do cadavo Por: No Registrado 18-02-11 02:16
No Registrado
1
Buscando a Domingo Por: No Registrado 30-01-11 12:36
No Registrado
6
web del ayuntamiento Por: No Registrado 07-08-08 14:39
No Registrado
0
LOVE Por: No Registrado 15-07-08 04:30
No Registrado
0
Simulador Plusvalia Municipal - Impuesto de Circulacion (IVTM) - Calculo Valor Venal
Foro-Ciudad.com - Ultima actualizacion:07/08/2020
Clausulas de responsabilidad y condiciones de uso de Foro-Ciudad.com