Foro- Ciudad.com

Pregon de Bidouredo(LOU)

Poblacion:
España > Lugo > Bidouredo (Monterroso)
Pregon de Bidouredo(LOU)
BIDOUREDO

Esta aldea ten centos de anos de historia da que somos parte, e debemos coñecer pois somos herdeir@s directos dela e todo povo que ignora o seu pasado non sabe o que lle depara o futuro.
As numerosas, e esplendorosas casas labregas, dan boa conta do importante peso na historia de Galiza que tivo a comarca da Ulloa na cal a nosa pequena aldea xogou un papel decisivo.
Conservanse aínda restos da Torre Pazo d@s Marqueses de Castelar, aínda que a maior parte desaparecidos. Foi fundado por Xoan Salgado Gundín e a súa dona Violante Sarmiento. Nel aloxouse dona Urraca raiña de Castela e León e tamén nesta torre situa Ramón Cabanillas o seu poema “a noite castellar” que pon na imaxinación da raiña a traxedia de Monterroso, cando Alfonso I “o batallador” rei de Aragón trataba de conquistar Galiza reinada por Alfonso de Borgoña alo polo ano 1109.
A nosa igrexa é románica e data da segunda metade do século XII e aínda conserva todo o seu esplendor
O doce cantar do carro, a malla, a esfolla do millo, as lavandeiras no río os muiños e os camiños darían para contar mil historias gostaríame escoitalas unha noite de inverno a carón dunha lareira cun vaso de viño un chourizo novo e un d@s nos@s anciáns que foron e son libros sen remate.
Os que estamos lonxe de eiqui temos esta data sinalada no almanaque pois nela recuperamolo calor do fogar e envoltos na maxia da queimada e na emocion do reencontro voltamos a ser uns nenos baixo o ceo que nos viu medrar
Tou ben seguro de que calqueira dos que nos deixaron alen onde se atopen botaran un sorriso e estaran farturentos e fachendosos ollando esta xuntanza o caron da tradición e da amizade
Por eles,por nos e polos que viran e por coidar desta nosa festa repetide conmigo VIVA O SAN ROQUE¡ VIVA BIDOUREDO¡


lou




Enviado por: LOU livre | Ultima modificacion:16-08-2007 14:31
Simulador Plusvalia Municipal - Impuesto de Circulacion (IVTM) - Calculo Valor Venal
Foro-Ciudad.com - Ultima actualizacion:15/01/2020
Clausulas de responsabilidad y condiciones de uso de Foro-Ciudad.com