Foro-Ciudad.com

A Enciñeira - Lugo

Poblacion:
España > Lugo > A Enciñeira (Quiroga)
12-01-13 23:09 #10949750
Por:No Registrado
Foto: Xuntanza relixosa nas enciñeiras



Que alegría ver un anaquiño da escola donde inicie a miña andaina como mestra. Gustaríame saber que foi de todos aqueles nenos e nenas: Encina, Cesar, Rafael, Antonia, Paco, Olga, Angelines e o seu irmán (de Sismil) e outros máis que neste momento non recordo os nomes pero si as súas caras e as súas risas. Xa pasaron 38 anos...
Puntos:
12-01-13 23:28 #10949784 -> 10949750
Por:No Registrado
RE: Foto: Xuntanza relixosa nas enciñeiras
Gustaríame ter sorte e que alguén que teña relación con esta aldea dese señais de vida. Recordo con cariño o curso que pasei alí de mestra.
Puntos:
14-01-13 20:38 #10954227 -> 10949784
Por:No Registrado
RE: Foto: Xuntanza relixosa nas enciñeiras
Eu non fun teu alumno son de sermil, douche unha pequena informacion
Angelines vive na rua de petin, e o seu hirman tamen, Rafa vive nas palmas, Manoli na cruña, Belen en lugo, Evarista en Lugo,todos casados e con fillos, a non ser Angelines que xa e viuva,eu son Nisio de sermil estou casado con Asuncion filla de Domingo o (sardiñeiro) vivimos en vigo pero si vas en agosto estamos casi todos no pueblo te invitamos, animate e revives novos recordos.
Puntos:
15-01-13 19:32 #10965275 -> 10954227
Por:No Registrado
RE: Foto: Xuntanza relixosa nas enciñeiras
Non pensei que fora a ter respostas e é unha alegría para min e o meu home ter noticias desa aldea onde empecei a miña profesión. A verdade é que teño moi bos recordos de toda a xente, xa sabes daquela a mestra non podía saír de alí moi a miúdo e polo tanto había moita convivencia. Algúns dos que me nombras non foron meus alumnos, mira a foto que colguei e verás a todos os que ían á escola naquel curso, e con eles o meu fillo maior que contaba cun ano de idade. Fun a Sesmil por unha festa co meu home e o meu fillo, á casa de Angelines.
Vouche dar algúns nomes que recordo: César, Rafael, Antonia que tiña unha irmá máis pequena, Encina, Paco da Bacariza, Olga (creo que ese era o nome dunha rapaza que vivía na parte máis alta da Enciñeira), Angelines e o seu irmán, creo que había outra rapaza chamada Nieves e outro rapaz que podes ver na parte posterior da foto do que non recordo o nome.
A verdade é que estábamos pensando en ir por aí un día e a raíz diso empezamos a buscar información en internet, foi así como descubrimos esta páxina e nela noticias do lugar.
Saúdos desde Cedeira na Coruña.
Puntos:
15-01-13 20:09 #10965419 -> 10965275
Por:No Registrado
RE: Foto: Xuntanza relixosa nas enciñeiras
Hola a verdade e que os coñezo a todos os nenos da foto, como che dixen si podes pasar no mes de agosto casi seguro que encontras a moitos deles no pobo.Un agarimoso saudo de min e miña muller
Puntos:
15-01-13 22:36 #10966049 -> 10965419
Por:No Registrado
RE: Foto: Xuntanza relixosa nas enciñeiras
Grazas, intentaremos pasar o meu home e máis eu no mes de agosto, como dis ti para recordar o ano pasado nesas terras. Só voltamos unha vez, aos poucos anos de trasladarnos. Escribinme un tempo con Angelines e Rafael visitounos a nós cando estaba estudiando en Lugo. Xa pasou un pila de tempo...
Se vos comunicades con algún daqueles nenos transmitídelles un abrazo de Manolo e Raquel.
Puntos:
16-01-13 16:25 #10967762 -> 10966049
Por:No Registrado
RE: Foto: Xuntanza relixosa nas enciñeiras
Ok llo transmitirse,. Se duda ata logo @
Puntos:
16-01-13 20:15 #10968574 -> 10967762
Por:No Registrado
RE: Foto: Xuntanza relixosa nas enciñeiras
Si pasas por enciñeira non te olvides de preguntar por nos,Asun ou Nisio, a casa da escola ahora e un centro de lecer para a xente do pobo
xa che direi cando se fai festa normalmente e o 2º sabado de agosto.
aun saudiño
Puntos:
16-01-13 23:02 #10969291 -> 10967762
Por:No Registrado
RE: Foto: Xuntanza relixosa nas enciñeiras
Moitas grazas.
Saúdos.
Puntos:
21-04-14 16:15 #11991373 -> 10967762
Por:No Registrado
RE: Foto: Xuntanza relixosa nas enciñeiras
Non foi posible pasar por aí tal e como tiñamos planeado... No mes de maio do ano pasado enfermou o meu home e faleceu o pasado marzo con tan só 61 anos... Foi algo inesperado pois a verdade é que ata que empezou cos problemas estaba feito un mozo; a vida presenta problemas cando menos o esperas...
Saúdos para Asun e Nisio que tiveron a amabilidade de contestarme, para toda a xente de Enciñeira e en especial para os meus alumnos aos que recordo con moito cariño.
Puntos:
05-05-14 13:02 #12007699 -> 10967762
Por:No Registrado
RE: Foto: Xuntanza relixosa nas enciñeiras
Hola son nisio, fai tempo que non entraba no foro sinto o de teu marido pero a vida nos xoga estas malas pasadas, podes pasar polo pobo cando podas ti soa o u con teus fillos,seras ben bida,si pasas en agosto poderas ver parte dos teus alumnos.
Puntos:
23-05-14 23:36 #12055837 -> 10967762
Por:No Registrado
RE: Foto: Xuntanza relixosa nas enciñeiras
Moitas grazas. Terá que mellorar un pouquiño a situación que nestes momentos está sendo un pouco dificil... Pero bueno hai que tirar para diante, non queda outra, parece que estas cousas só lle pasan aos demais pero aparecen e daste conta que a ti tamén che tocou.
Se ves a algún dos meus alumnos dalles un abrazo da miña parte. O meu home tamén recordaba con moito cariño o ano pasado aí, cando cortaba a leña coa axuda de Paco da Vacariza que viña á escola naquel tempo..., a matanza, o viño, a amabilidade da xente...Bueno foron uns bos momentos os pasados nesas terras.
Gustaríame saber que é dos pais de Rafael, Eusebio e Carmen, e tamén recordo aos pais de César. O pai de César tiña un coche no que ás veces me teño desprazado. Pasaron moitos anos pero non alvidei o vivido aí.
Un saúdo.
Puntos:
31-05-14 14:09 #12074686 -> 10967762
Por:No Registrado
RE: Foto: Xuntanza relixosa nas enciñeiras
Tamén recordo aos pais de Angelines e do seu irmán que vivían en Sismil. Á súa casa fomos a comer un día que se celebraba unha festa na aldea. Un cariñoso saúdo para todos eles.
Puntos:
03-06-14 16:27 #12080236 -> 10967762
Por:No Registrado
RE: Foto: Xuntanza relixosa nas enciñeiras
Os pais de rafa viven en quiroga en unha residencia para mayores,
os de cesar a nai vive con unha filla en ponferrada e o pai morreo fai uns meses
a nai de angelines morreo fai moito tempo por culpa de un braseiro que puxeran onde dormian ,e o pai vive en sermil con outra señora,Un saudiño
Puntos:
07-06-14 17:56 #12086261 -> 10967762
Por:No Registrado
RE: Foto: Xuntanza relixosa nas enciñeiras
Grazas por contestarme. Xa non lembraba o do braseiro, soubemos do suceso pola prensa... Un saúdo.
Puntos:
15-11-14 12:51 #12329328 -> 10966049
Por:No Registrado
RE: Foto: Xuntanza relixosa nas enciñeiras
Hola Raquel soy Rafael. Siento mucho el fallecimiento de tu marido Manolo.Me acuerdo mucho de vosotros.del Simca 1200 y de vuestra casa en Foz. Vivo en Palma de Mallorca.ME case con una mallorquina y tengo un hijo que se llama Fermin como mi abuelo y estudia más que yo.Siento no contestarte en gallego pero es que mi profesor no me enseño suficiente. Bicos.
Puntos:
15-01-15 16:05 #12426405 -> 12329328
Por:No Registrado
RE: Foto: Xuntanza relixosa nas enciñeiras
Nin te podes imaxinar a alegría que supuxo para min ler a túa mensaxe. Levaba tempo sen entrar aquí, hoxe volvín a recordar A Enciñeira, forma parte dos meus recordos, da miña vida... e sorpresa, aquí estaba o teu saúdo. Primeiro chorei, lembrando aqueles tempos, aquel coche que ti tamén lembras, aquel ano no que inicie a miña carreira profesional nesa aldea á que recordo con cariño. Aí vivín con vós, alumnos, e coas vosas familias, momentos que eu levei sempre no corazón (o meu home tamén vos recordaba con enorme cariño). Por iso tiñamos previsto acercarnos por aí no verán do 2013... Pero a nosa vida deu un xiro e non foi posible.
Por Nisio sabía que vivías en Palma de Mallorca. Eu teño dous fillos, Manuel ao que ti coñeciche, e Agustín. O maior é profesor de matemáticas no instituto da localidade de Cariño, e o máis novo tamén profe de mates en Ferrol. Vivimos en Cedeira.
Igual nos animamos a ir por aí no verán... Eles creo que me aceptarían a proposta. A ver como están os ánimos.
Eu escríboche en galego, para que non olvides as túas raíces.
Un moi, moi, moi cariñoso abrazo
Puntos:

Tema (Autor) Ultimo Mensaje Resp
Foto: Sempre Enciñeiras Por: No Registrado 25-05-09 23:06
No Registrado
0
Foto: Neve no corgo Por: Dionisio Yañez Mondelo 01-01-09 18:38
Dionisio Yañez Mondelo
0
Foto: Igrexa da Encineira Por: No Registrado 21-11-07 03:24
No Registrado
1
Foto: o pobo visto desde a deleiriña Por: No Registrado 17-10-07 19:30
No Registrado
0
Simulador Plusvalia Municipal - Impuesto de Circulacion (IVTM) - Calculo Valor Venal
Foro-Ciudad.com - Ultima actualizacion:04/06/2021
Clausulas de responsabilidad y condiciones de uso de Foro-Ciudad.com