Foro- Ciudad.com

Maniños (San Salvador) - La Coruña

Poblacion:
España > La Coruña > Maniños (San Salvador) (Fene)
28-05-08 11:31 #904137
Por:No Registrado
Pois... será así
¡Pero moi incultos son en Maniños!, ninguén coñece o galego.
Puntos:
28-05-08 16:46 #904977 -> 904137
Por:No Registrado
RE: Pois... será así
o sera que son libres de hablar como les da la gana
Puntos:
28-05-08 16:52 #904992 -> 904977
Por:No Registrado
RE: Pois... será así
que acomplejada es alguna gente
Puntos:
29-05-08 11:56 #906470 -> 904137
Por:No Registrado
RE: Pois... será así
PUes no se quien será el "iluminado " que escribe esto , pero que recuerde que vivimos en España y el castellano es idioma oficial igual que el gallego , y cada uno habla o escribe como quiere, Asi que si quieres meter lio entre la gente por una cosa tan absurda como el idioma, mejor busca otro sitio.
Puntos:
29-05-08 13:52 #906776 -> 906470
Por:No Registrado
RE: Pois... será así
A Constitución Española, recoñece catro idiomas, o castelán, o catalán, o galego e o euskera. Por suposto podemos expresarnos no que queiramos,pero xamais despreciar ningún deles, coma algúns, xeralmente fan co galego e co seu ensino. Isto so o fan os acomplexados e cun profundo sentimento de inferioridade.
Fai algún días, sentín certa vergoña, vendo coma un tenista ¿ESPAÑOL? contestaba aos seus entrevistadores en inglés e ninguén criticaba a súa actitude do mesmo xeito que se fai cando algén ama e defende a lingua que lle transmitiron os seus pais.
Puntos:
29-05-08 16:36 #907177 -> 906776
Por:No Registrado
RE: Pois... será así
menos mal que encuentro gente sensata,soy de maniños soy galega me expreso como me da la ganaen una palabra soy libre dios nos coja confesados de tanto fundamentalis por ahi suelto,vosotros que sabeis colgar historias de nuestro pueblo contaclas tanto en galego coma en castelan temos a sorte de ser bilingues
Puntos:
29-05-08 16:41 #907198 -> 906776
Por:No Registrado
RE: Pois... será así
eu estou dacordo co de falar galego, temos que recoñecer que a nosa lingua foi desprezada por aqueles que querian exercer un poder centralista, e foi por eses mesmos desvelorada dende hay seculos. eles impuxeronos falar e sobre todo escribir o idioma que eles crian que era mellor. O galego despois de séculos de desprestixio e inxuria comeza de novo a ter aquilo que era de seu, unha dignidade propia conferida por aqueles que o falan. Pero se estamos dacordo con que se nos impuxo unha forma de falar e que ese non foi o camiño acertado non sexamos nos agora os que tratemoes de impoñer as nosas ideas sobor de persoas que non pensan coma, que durante toda a sua vida inculcouselles que falar determinada lingua era dunha determinada clase social. entendamos que somos en moitos casos froito dun sistema, e compremdamos ademais que a liberdade debe estar por riva de todo.
Puntos:
17-07-10 23:10 #5750606 -> 906470
Por:No Registrado
RE: Pois... será así
t doy toda la razon, k cada uno hable en el idioma k kiera yo estoy de acuerdo contigo
Puntos:
29-05-08 16:50 #907225 -> 904137
Por:No Registrado
RE: Pois... será así
so queria iformarte de que cando no resto pais falar galego ademais de ser delito era de paletos, en maniños recitabase poesia en galego no mes de maio, a virxe, na igrexa, e polo nadal cantabanse panxoliñas en galego nos actos publicos e na igrexa. aqui non necesitamos que nadie nos aprenda a falar galego, sabemos e moito, pero tamen sabemos que a lingua nin as ideas se impoñen. cada quen fala o que quere porque ten liberdade para facelo, pois de poñernos nesa tesitura seríamos tan dictadores como os que nos impuxeron a sua lingua.
Puntos:
29-05-08 17:24 #907304 -> 907225
Por:Botana

RE: Pois... será así
Moi ben dito. A xente de ben nos entendemos tanto nunha lingua como noutra, e ademais os vimos escribindo mais ou menos no foro non necesitamos ata agora de ningunha apreciación lingüística. Ese tipo de polémicas sobran nestes foros que só crean mala sangue. Cada un que fale como queira que xa nos entenderemos, o que importa e que falemos do pobo, xa que os que estamos fora necesitamos manter un nexo cos veciños que nos queiran aportar algo positivo e nos manteña vivos os recordos. Saudos.
Puntos:
29-05-08 17:26 #907309 -> 907225
Por:No Registrado
RE: Pois... será así
Por fin atópase no foro de Maniños un tema, que fai participar aos veciños.
Referente ao emprego do galego, por suposto, nada de imposicións, non faltaría máis, pois convertiríanos no mesmo que os que nos impuxeron a nós a súa fala e que nos petaban na boca cando se nos escaba unha verba en galego, e escapábase nin máis nin menos, porque a escoitáramos na casa aos nosos pais ou abós.Sinxelamente, se todos estamos dacordo manter as tradicións, O Pote, a procesión do Carme, etc. non entendo coma se pode cuestionar a fala que identifica a Galicia ea nós coma galegos do que eu síntome enormemente orguloso das dúas cousas, sen renunciar e respetar ao resto.Isto é o que nos diferencia con aqueles integristas radicais que algúns coñecemos e recordamos.
A CONTINUACION TRANSCRIBO ALGO QUE DESCUBRIN NA PÁXINA DE BARALLOBRE E QUE CASE FÍXOME VERTER UNHA VÁGOA.


Florentino López Cuevillas, naceu en Ourense no 1886 e morreu no 1958 . Licenciouse en Farmacia, foi funcionario de Facenda e estudou Filosofía e Letras en Madrid.
Con Risco e Otero Pedrayo formou ese conxunto glorioso das letras e da cultura de Galiza. Aportou os seus profundos coñecementos de arqueólogo e as súas investigacións da Prehistoria e a cultura castrexa na nosa Terra. No ano 1968 adícóuselle o Día das Letras Galegas.
No seu libro póstumo, PROSAS GALEGAS escrebía:

¿Coidades que nesa nube moura, con cenefas brancas, non hai outra cousa que auga en vapor cargada de electricidade? Que trabucados estades. Sentado no medio dela hai un home, un nubeiro como aquel que coñeceu Borrow.
Alá vai , cheo de ruíns intencións, a bota-la pedra encol dos eidos dos labregos que non deron estimanza á súa ciencia de escoller; a bota-la chuvia desexada nas milladeiras e nas viñas daqueles outros que, por crer nel, souberon merca-los seus favores cun ben de caridade.
Máis non sempre se poden merca-los favores dos nubeiros, porque non sempre son desta terra. Os máis temidos, os que precisan ser espantados con mayor estrondo de latas, e afuxentados con meirande cantidade de auga bendita, son os forasteiros, son os que veñen de Castela.
Dunha vez, a un que era de preto de Madrid, tocoulle unha pinga da auga do hisopo, e caeu. De primeiro tivo medo ó ollarse rodeado pola xente. Logo, como non lle fixeran mal, encomenzou a falar forte na súa fala brava, e ó ver que lle daban tino quedouse no país.
Ós tres meses tiña posta unha tenda; ó ano prestaba a réditos; e ós tres anos era dono de cinco parroquias, deputado provincial e mandaba en todo o partido máis que ninguén.
E o nubeiro castelán, esquecido das súas xeiras atmosféricas, dá gracias tódolos días á pinga de auga bendita que o fixo caer nesta terra de parvos.
1927

Puntos:
29-05-08 17:29 #907324 -> 907309
Por:No Registrado
RE: Pois... será así
Máis do foro Barallobre:


Coñecín a obra de Florentino investigando sobor da Cultura Castrexa na Galiza. Aínda que hoxe paréceme un termo un tanto forte,fendetestas de infieis, FENDETESTAS é un bandido dunha novela de Wenceslao.
A marxe deste pequeno comentario,o texto que segue está plenamente vixente nos tempos en que se cuestiona, entre outros, a NOSA LINGUA

Señor Santiago, que de tan lonxe viñeches predicar na nosa patria as verdades do Evanxeo, e que aínda despois de morto quixeches que o teu corpo pasase o mar para descansar eternamente na terra galega. Ti que chamaches unha estrela para que brillase sobre os nosos agros no miragre do teu sepulcro; ti que desde a túa igrexa fixeches peregrina-las xentes de toda Europa para que viñesen adorar en Galicia as túas reliquias; ti que tantas probas nos tes dado da túa predilección e do teu amor. ¿Por que nos esqueces?

Arredor da túa sepultura formouse a nosa lingua, ó pé do teu templo naceu a nosa arte, para ti cantaron os nosos trobeiros. Galicia enteira ten algo teu, e en ti inspirou as súas obras. ¿Consentirás, Señor, que Galicia desapareza, que Galicia morra?

Mira ó teu redor, os vellos costumes abandonados, mortas as antigas liberdades, despreciado o vello idioma en que che falaron tantas xeracións, o idioma santo de Xelmírez; mira a nosa terra presa de homes que viñeron de fóra a roubala, a magoala; mira o noso chan empobrecido; mira a triste miseria dos seus fillos, a súa sede de xusticia e a súa fame de pan, e ten piedade da súa dor, da súa pobreza e da súa ignorancia.

E xa que amaches a Galicia cando era Galicia, acorre ós que queremos resucitala e volvela outra vez ó esplendor e riqueza de que é merecente. Dáno-lo teu espírito de apóstolo para que vaiamos por vilas e lugares a espalia-las novas verdades, que non son máis que as antigas verdades; e así que chegue a hora da loita e da batalla, empréstanos, Señor, a forza do teu brazo, que soubo alá en Clavixo fender testas de infieis, para que poidamos con ela vence-los nosos aldraxadores, os nosos opresores, os ladróns de todo o que nos pertencía.

Acóllenos na túa gracia, Señor Santiago; grava a túa cruz nos nosos peitos, e fai brillar por riba das nosas testas, ben acesa e ben brillante, a túa estrela milagreira.





De: "Prosas Galegas"m Galaxia 1962.-

Puntos:
29-05-08 17:30 #907327 -> 907309
Por:Botana

RE: Pois... será así
Se non fora por ti o galego desaparecería para sempre. Eres o último guerreiro. Ti si que me fas saltar as bágoas
Puntos:
29-05-08 20:08 #907818 -> 907327
Por:No Registrado
RE: Pois... será así
É bo falar e ecrebir en galego, porque gracias á xente co falou aínda que fose o chamado "castrapo" mantéuse vivo, e segue a ser algo noso, algo que temos que coidar, o cual representa parte moi importante da nosa identidade, da que nunca debemos senternos avergoñados, porque si actuamos doutro xeito, enténdese coma un complexo de inferioridadde, enfermidade da que padecen moitos que din nacer en Galiza.
Si aprender inglés e tódolos idiomas que queiras. Si, por suposto, coñecer e estudar o idioma castelán que é o idioma que debe unir a tódolos pobos de España, pero nunca sintas vergoña de falar a túa lingua, e menos sentirse inferior a outro que pasa quince días en Bilbao e ven falando o andaluz.
Saúdos a tódolos de Maniños de acó ou de acolá

Puntos:
29-05-08 23:26 #908445 -> 907818
Por:No Registrado
RE: Pois... será así
¿Porqué non protestaban todos estes acomplexados cando tiñamos que aprender o Latín?. Aquela si que era unha Lingua morta e ben morta.

Para ser galego é necesario algo máis que nascer na Galiza e amar os percebes
Puntos:
30-05-08 00:46 #908698 -> 908445
Por:Botana

RE: Pois... será así
Be water, my friend... Riendote Riendote Riendote Non serás ti o acomplexado... ou o traumatizado....??????????
Puntos:
30-05-08 12:49 #909434 -> 908698
Por:No Registrado
RE: Pois... serÃf¡ asÃf­
It all depends on how you look at it. Pasmado Pasmado Pasmado
Puntos:
31-05-08 22:07 #912677 -> 908698
Por:No Registrado
RE: Pois... serÃf¡ asÃf­
o galego e noso e temolo que coidar , pois non a de vir ninguen de fora a nolo defender. Falemos galego, e cando o fagamos, lembremos que era a lingua de cultura na idade media, e que competia co latin e estaba a sua altura(recordemos que o latin foi a lingua da cultura por excelencia durante a idade media en toda Europa). Foi tamén en galego no idioma no que o rei sabio escribiu a su meirande obra. Falemos pois sen vergoña e con fachenda, pero nunca impoñamos a nosa lingua.
Puntos:
31-05-08 22:24 #912703 -> 908698
Por:Botana

RE: Pois... serÃf¡ asÃf­
Debes de se-lo único que se cuestiona tales cousas. Os demais falamos o galego e mailo castelán sen ningunha atadura nin complexo. Teño 38 anos e a xente da miña idade foi educada en ambas línguas, polo tanto teñen dereito a escoller a que queren empregar. Estos temas discrepantes sobor das línguas só vos importan a catro en Galicia. As dúas poden convivir perfecta e pacíficamente. Un saudo os de Maniños, fdaledes o galego ou non.
Puntos:
02-06-08 18:14 #916444 -> 908698
Por:No Registrado
RE: Pois... serÃf¡ asÃf­
non home eu o que quero dicir e iso, que cada quen fale o que lle pareza, pero que ningen se sinta inferior por falar galego e que as duas linguas poden combibir con total normalidade, pois as duas son igual de validas. tamen vin por ahi unha mensaxe que dicia que unha xeracion non tibera ensino en galego, cousa que e certa, por iso debemos respetarnos todos pois non todos tivemos as mesmas oportunidades. (non son para naada un fundamentalista eu de feito uso as duas linguas abitualmente pòr non dicir que dado o ambiente no que me desenbolbo utilizo mais o castelan)
Puntos:
02-06-08 19:37 #916782 -> 904137
Por:No Registrado
RE: Pois... será así

¿ALGUIEN DEL FORO SABE QUÉ DÍA SE CELEBRA ESTE AÑO LA PROCESIÓN MARINERA DEL CARMEN? PORQUE VEO QUE EL AÑO PASADO SE CELEBRÓ EL 7 DE JULIO, Y NO EL 15. GRACIAS Y UN SALUDO.
Puntos:
03-06-08 09:29 #918229 -> 916782
Por:No Registrado
procesion del carmen
Hola
Tengo entendido que se celebra el Carmen el 13 de Julio y el Corpus el 6.

Un saludo
Puntos:
03-06-08 10:04 #918296 -> 918229
Por:No Registrado
RE: procesion del carmen
Si, creo que o Carme en Maniños é o 13 de xullo.
Puntos:
03-06-08 13:27 #918836 -> 916782
Por:No Registrado
RE: Pois... será así
si yo confirmo lo del corpus el 6, y por tanto el carmen es el domingo siguiente o el corpus el anterior, segun como se mire. el carmen ademas de ser casi siempre el domingo anterior al 16 de julio tabien depende un poco del amarea el año pasado al parecer la marea cuadraba muy mal el 15 y se opto por el 7. en todo caso es decision de la cofradia y de los colaboradores mas implicados.
Puntos:
19-07-10 23:18 #5759329 -> 918836
Por:No Registrado
RE: Pois... será así
espero que a estos gallegos dtan modernos cuando salgan a francia inglterra u otro pais no se les olvide hablar en gallego por eso de querer bien a la tierra.que tendra que ver ser gallego con hablar varios idiomas los que piensan asi si que son cazurros ser gallego es algo mas ,es mimar a los paisanos es cuidar nuestras costas ,es hablar con nuestros poetas es no dejar que nuestra gente emigre etc etc....
Puntos:

Tema (Autor) Ultimo Mensaje Resp
Comeza o inverno Por: No Registrado 30-12-13 21:21
No Registrado
2
Libro sobre Maniños Por: No Registrado 27-05-11 21:25
No Registrado
8
jolin guevos Por: No Registrado 15-11-08 18:47
No Registrado
9
mincha negra Por: No Registrado 30-05-08 15:23
No Registrado
0
Simulador Plusvalia Municipal - Impuesto de Circulacion (IVTM) - Calculo Valor Venal
Foro-Ciudad.com - Ultima actualizacion:07/08/2020
Clausulas de responsabilidad y condiciones de uso de Foro-Ciudad.com