Foro- Ciudad.com

Maniños (San Salvador) - La Coruña

Poblacion:
España > La Coruña > Maniños (San Salvador) (Fene)
02-11-12 16:11 #10726933
Por:No Registrado
Cementerio de Maniños
Onte vin que o camiño que vai cara a igrexa vella de Maniños e o cemiterio parroquial está todo esbalancado. Espero que en esta ocasión se soterren todos os servicios necesarios para as casas e non se teña que abrir a rúa dentro de dous meses.
A pesar de que en principio o tráfico estaba cortado polas obras, case todos fumos nos coches ata a igrexa porque estaba mal día e para non enchernos de barro. Quero pedirlle ós chóferes que en días de difuntos ou de enterros con moita asistencia, que salgan cos coches cara a estrada xeral, por debaixo da vía do tren, para evitar atascos.
Felicitar á xunta do cemiterio (non sei si son os mesmos que a xunta parroquial) e a toda a xente de Maniños por ter o cemiterio tan limpo e adornado.
Ós veciños da zona, paciencia, a ver si acaban pronto as obras.
Puntos:
05-11-12 13:28 #10733997 -> 10726933
Por:No Registrado
RE: Cementerio de Maniños
Pois si que parece que pode quedar ben, ainda que penso que non van a soterrar as liñas electricas e é unha pena porque nadamais que hai marañas de cabels cruzados.
O que tamen é unha magoa que non ancheen todo o camiño ata a carretera a pesar da miniatura de tunel que fixeron os da renfe.
E en canto ó cemiterio, a verdade e que si esta coidado, salvo pola pedra esa que lle botaron o ano pasado, que a min non me gusta moito, pero bueno, e a miña opinion particular.
Por certo, a xunta do cemiterio non ten nada que ver coa parroquial,(a deus gracias)
Puntos:
06-11-12 23:53 #10739460 -> 10733997
Por:No Registrado
RE: Cementerio de Maniños
¿Falas da gravilla que rodea a Igrexa? Posiblemente sexa unha solución provisional en consonancia cos cartos disponibles
Puntos:
07-11-12 09:27 #10739883 -> 10739460
Por:No Registrado
RE: Cementerio de Maniños
Non, falaba da pedra blanca de xardin que botaron no cementerio vello polo chan entre as lapidas,que vale unha pasta que non vexas e que o unico que fai e criar malas herbas polo medio que despois sulfatan e vense queimadas por riba, por non falar de cando hay enterros e hai que cavar no chan.
A grava que rodea a iglesia tamen ten delito,primeiro, que botasen cantos rodados como drenaxe,que son moito mais caros que a pedra de mina, e despois que non o taparan con unha pouca de terra e lle botaran herba, que eso non era nada caro e quedaria mellor.
Que lle imos a facer, habera que darlles un voto de confianza e a ver si se animan a acondicionar un pouquiño mais estes detalles
Puntos:
07-11-12 21:38 #10742227 -> 10739883
Por:No Registrado
RE: Cementerio de Maniños
Penso que os que estan a cargo do cementerio acollerian de bo grado as suxerencias feitas con boa fé de calquera veciño que queira axudalos. O traballo,penso, é bastante, e sobre todo nestas datas.Unha man agradecese.
Puntos:
07-11-12 22:47 #10742545 -> 10742227
Por:No Registrado
RE: Cementerio de Maniños
Ten razón o enxeñeiro,(10739883) para outra vez antes executar unha reforma pedídelle consello.
Puntos:
08-11-12 09:09 #10751401 -> 10742545
Por:No Registrado
RE: Cementerio de Maniños
son o "enxeñeiro" como ti dis, e en realidade non me teñen que pedir consello a min,ainda que como copropietario do cemiterio, (xa que este a diferencia do municipal, e propiedade dos veciños), teño dereito a opinar.
O que terian que facer antes de facer unha obra de servicios ou "estetica" seria consultar cos propietarios mediante unha reunion.
E como si no edificio no que vives a un dos veciños se lle da por pintar a fachada a raias cos cartos da comunidade.

Con isto non quero criticar á xunta directiva, xa que a xestion para labores de mantemento do cemiterio, cortado de herba, pintado e limpeza e de dez.Soamente que teñan en conta que antes de facer unha obra non estaria de mais que convocaran ós propietarios.
Puntos:
08-11-12 20:26 #10753665 -> 10751401
Por:No Registrado
RE: Cementerio de Maniños
A 10742545 debo decirlle que non hai que ser tanta suspicacia.
10751401 fixo as súas observacións con educación e sen meterse con ninguén. Está ben falar con algún membro da comisión ou directiva do cemiterio se tes propostas que facerlles, pero tampouco está mal facelas neste foro, que para iso estamos no século XXI.
Descoñezo se estes veciños fan algunha reunión periódica ou se consultan algo con D. Faustino. Ó mellor alguén pode aclarar este punto.
Puntos:
02-11-13 20:45 #11662392 -> 10751401
Por:No Registrado
RE: Cementerio de Maniños
Temos que felicitar un ano máis á xunta directiva que se preocupa de arranxar o cemiterio. No fin de semana de difuntos todos os cemiterios están limpos e coidados, pero o de Maniños está especialmente ben coidado.
Teño una pregunta para os que fústedes a visítalo: ¿houbo presencia da policía local o de membros de protección civil para regular o tráfico de vehículos? Supoño que non. Habería os atascos habituais. Por outra banda, a ponte sobre a vía do tren estaba inundada polas chuvias o que dificultaba máis o paso a pe. Veremos se algún responsable recolle a suxerencia e nos sorprende o próximo ano.
Saúdos.
Puntos:
04-11-13 10:15 #11664252 -> 10751401
Por:erizocacho

RE: Cementerio de Maniños
Pois a verdade es que este ano non vin os atascos de outros, non sei si foi porque polo tempo que fixo a xente foi mais repartida, ou e que ó sacar os xardins das casas do camiño, habia mais sitio para maniobrar e aparcar.
O tema da auga da ponte, tes razon, parece que no concello non teñen ollos, limpan as cunetas e non limpan o furado de desaugue da ponte.Debe ser que non lles colle a pala da excavadora ali, e non hay quen baixe cun sacho a desatascalo
Puntos:
04-11-13 10:50 #11664654 -> 10751401
Por:No Registrado
RE: Cementerio de Maniños
Calquera veciño ten a potestad de coller un sacho e desatascar un sumidoiro. Grazas.
Puntos:
04-11-13 23:31 #11667367 -> 10751401
Por:No Registrado
RE: Cementerio de Maniños
Eu teño destascado os dous sumidoiros que están próximos á miña casa. Teño a vontade e os útiles necesarios para facelo. Pero contra min falo se digo que non é recomendable que ninguén se meta a traballar no sumidoiro dunha ponte antiga sobre o tren. Sería suficiente con solicitalo por escrito no concello, ou notificalo por teléfono.
Puntos:

Tema (Autor) Ultimo Mensaje Resp
cementerio Maniños Por: elmalovi 22-11-11 15:25
elmalovi
15
cementerio Maniños Por: elmalovi 18-11-11 18:30
elmalovi
0
Simulador Plusvalia Municipal - Impuesto de Circulacion (IVTM) - Calculo Valor Venal
Foro-Ciudad.com - Ultima actualizacion:08/08/2020
Clausulas de responsabilidad y condiciones de uso de Foro-Ciudad.com