Foro- Ciudad.com

Ferreiros - La Coruña

Poblacion:
España > La Coruña > Ferreiros (Boiro)
28-07-07 16:58 #462030
Por:No Registrado
O Courel de Novoneyra.
O Courel de Novoneyra



https://ww.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=149&idNoticiaOpinion=181337


MIGUEL ANXO FERNÁN VELLO
CADERNO ABERTOO Courel de Novoneyra
O artigo de Xosé Manuel Beiras sobre o Courel, publicado antonte mesmo en Galicia Hoxe –S.O.S. Courel. I. O problema–, resultou conmovedor. É a primeira entrega, enténdase así, dun texto máis extenso que poderemos ler neste mesmo xornal o domingo próximo. Por el agardamos. Se Uxío Novoneyra vivise hoxe entre nós –porque estar está, segue a estar, para moitos e moitas, entre nós– sería o primeiro en manifestar a súa ira
–pura carraxe en verso pétreo e firme furia persoal– diante das empresas louseiras que están a devorar "monte a monte" –así o expresa Manuel Gago– o inmenso templo natural do Courel. Di Beiras, citando os versos de Uxío, que o Courel é o "templo máis vasto" do imaxinario panteísta que latexa no inconsciente colectivo dun pobo ancestralmente labrego como o noso, dunha cultura formada dende os tempos máis remotos en radical simbiose cunha natureza tan exuberante e proteiforme como foi –e, malia todo, inda segue a ser– a do noso país. Non se pode expresar mellor. Pois ben, ese "templo" emblemático e extraordinario –posuidor dalgunhas das maiores fragas atlánticas do continente europeo– está hoxe ameazado polas canteiras a ceo aberto que destrúen as montañas courelás e acaban cos ríos –¿onde vai o río Quiroga, e que será do Lor que cantou o poeta?–, empresas mineiras extractivas de lousa que actúan coa voraxe propia e sumamente destrutiva do capitalismo máis salvaxe. Formando parte o Courel da Rede Natura 2000, ¿acabará sendo declarado ‘zona mineira’ pola Xunta? Natura 2000, como se sabe, é unha rede de espazos naturais protexidos a escala da Unión Europea con obxecto de salvagardar os espazos bioxeográficos máis importantes de Europa. E ademais o Courel, en virtude desta directiva europea, está tamén contemplado como LIC (lugar de importancia comunitaria). ¿É consciente o poder político, sexa cal for o seu signo –alcaldes e concelleiros do Courel, entre outros–, da destrución que se está a operar na súa (nosa) Terra? "Non, a forza do noso amor non pode ser inútil".


Puntos:

Tema (Autor) Ultimo Mensaje Resp
Falar de Courel, con amor a terra Por: No Registrado 27-08-10 21:36
No Registrado
0
O Courel en El Pais Por: No Registrado 28-07-07 16:55
No Registrado
0
Xosé Manuel Beiras e O Courel Por: No Registrado 28-07-07 16:51
No Registrado
0
Simulador Plusvalia Municipal - Impuesto de Circulacion (IVTM) - Calculo Valor Venal
Foro-Ciudad.com - Ultima actualizacion:07/08/2020
Clausulas de responsabilidad y condiciones de uso de Foro-Ciudad.com