Foro- Ciudad.com

Ferreiros - La Coruña

Poblacion:
España > La Coruña > Ferreiros (Boiro)
01-05-07 10:56 #359141
Por:No Registrado
Galiza foi o primeiro reino de Europa.


Esta afirmación tan rotunda pódelle parecer exaxerada a moitos,pois na historia de España que ata agora se contou o tal Reino de Galiza só aparece na letra pequena.
Durante a Idade Media tan só se lle presta atención ao reino dos visigodos,aos chamados de Asturias e de León e ao de Castela.Pois ben,moito antes de fundarse o dito reino dos visigodos,con capital en Toledo,existía xa o Reino Galego dos suevos,con capital en Braga;falar dosreinos de Asturias e León é unha sinécdoque (xa se sabe,tomar a parte polo todo),pois naquela época a todo ese territorio chamábaselle Galiza(segundo se pode comprobar tanto nos documentos como nos mapas)

A nosa Historia como Reino iníciase moi cedo.No ano 410,o rei suevo Hermeredico asinaba un pacto co Emperador de Roma (Honorio),en virtude do cal esta provincia convirtíase de feito nun reino independiente,o Reino Galego (Galliciense Regnum).Era, por tanto,o primeiro Reino constituido en Europa,o primeiro estado medieval,comprendendo os territorios da Galiza actual,o norte de portugal(ata o rio Douro),e as actuais Asturias e León.
O seu sucesor ,Requila (438-44Chulillo,estendeu a súa xurisdicción pola provincia de Lusitania,completando un espacio político desde Cantabria ata Lisboa que practicamente permanecería inalterábel ata metade do século VII.Así pois,o Reino Galego dos suevos mantivo os límites máis estábeis de todos os reinos europeos do momento,concretando axiña a súa territorialidade,o cal permitiría unha temperá síntesi dos diferentes caracteres culturais nun espacio xeográfico definido,condición básica para o nacemento dunha nación.


Puntos:

Tema (Autor) Ultimo Mensaje Resp
hablar con gente del caurel Por: No Registrado 08-11-10 00:11
No Registrado
36
Foto: pueblo ferreiros Por: No Registrado 14-10-09 08:49
No Registrado
1
Imos beber o Fedo Por: No Registrado 17-04-07 23:03
No Registrado
0
Hechizo del mes.806 517 269 cosejera espiritual,Sanadora, Maestra de tarot. Por: No Registrado 14-02-06 13:01
No Registrado
0
Simulador Plusvalia Municipal - Impuesto de Circulacion (IVTM) - Calculo Valor Venal
Foro-Ciudad.com - Ultima actualizacion:07/08/2020
Clausulas de responsabilidad y condiciones de uso de Foro-Ciudad.com