Foro-Ciudad.com

Barallobre (Santiago) - La Coruña

Poblacion:
España > La Coruña > Barallobre (Santiago) (Fene)
09-04-11 01:56 #7491036
Por:juanm

Foto: o poeta perez parallé con unhos nenos



OS NENOS QUESTAN CON PARALLÉ SON NETOS DO APRECIADO "FREIXO", LEONARDO FREIJOMIL, MOI AMIGO DE PARALLÉ E MOI AFICIONADO Á FOTOGRAFÍA
Puntos:
09-04-11 17:38 #7494043 -> 7491036
Por:No Registrado
RE: Foto: o poeta perez parallé con unhos nenos
Freixomil sempre foi un home comprometido con Barallobre, ó contrario que Perete que o pouco que fixo foi no Casino Mercantil e Industrial de Fene, entidade de tufo dereitoso e absolutamente elitista. Nunca Perete estivo comprometido con Barallobre
Puntos:
10-04-11 15:55 #7498681 -> 7494043
Por:No Registrado
RE: Foto: o poeta perez parallé con unhos nenos
Penso que simplemente falas de oidas,en Fene nunca oubo un CASINO,e nos tempos que ti falas do compromiso do poeta Perez Paralle era co CIRCULO MERCANTIL E INDUSTRIAL DE FENE,entidade que eu persoalmente por esas data formei parte da xunta directiva,pois era a unica sociedade cultural de todo o concello, e de dereitoso e elitista non teño absolutamente nada,e mais quero preguntache si sabes donde na comarca de Ferrol se empezou a celebrar o DIA DAS LETRAS GALEGAS que oxe reevindicades todas as sociedades.
Puntos:
10-04-11 20:10 #7500019 -> 7498681
Por:No Registrado
RE: Foto: o poeta perez parallé con unhos nenos
Como te atreves a decir que era a única sociedade cultural de Fene?
Puntos:
10-04-11 22:29 #7500922 -> 7500019
Por:No Registrado
RE: Foto: o poeta perez parallé con unhos nenos
No ano 1950,a parroquia de Fene tiña unha poboación de 1567 habitantes,superada por Maniños con 1779,e Barallobre con 1800,no ano 51 e no mes de decembro e para ser mais esactos o dia 18 chegou a autorizacion da constitución da asociación do Circulo Mercantil e Industrial de Fene.
Anteriormente no ano 32 creouse a Sociedad Cultural e Recreativa de Barallobre e Maniños ,descoñecendo cal era o seu obxetivo,e sendo o sue primer presidente D.Jesus Puente Crigo.
No ano 35 creouse a Sociedade Monumento al Caminante Desconocido e o seu obxetivo era o de conservar o monumento e a biblioteca popular sendo o seu primer presidente Manuel de Pedre Prego.
Con estes datos que aporto penso que si me podo a atrever a decir que nesas datas o Circulo Mercantil e Industrial de Fene si era a unica socidade cultural .
Un saudo
Puntos:
11-04-11 08:40 #7502421 -> 7500922
Por:No Registrado
RE: Foto: o poeta perez parallé con unhos nenos
Durante moitos anos o presidente do Circulo Mercantil e Industrial( no seu nome non aparece para nada o de Cultural) estivo presidida por Antonio García Riero, candidato perpetuo de Alianza Popular e do Partido Popular.
En Fene se facía un acto folclórico que lle chamaban Día das Letras Galegas.
Onde en realidade se facían actos en defensa das Letras e da Cultura Galega era en Perlío a onde viñan poetas, literatos e músicos comprometidos cos valores democráticos e con Galicia. Sempre a parella da brigadilla da Garda Civil,vixiaba tódolos actos e pasaba o correspondente parte. No suposto que non os prohibise, cousa que ocorría, o Gobernador Civil de Franco. Os actos duraban unha semana enteira
Nunca no Círculo Mercantil e Industrial(non vexo por ningures o de cultural) Fene prohibiron un acto. Por algo sería.
Lembro que durante a primeira corporación democrática, creo que foi no ano 1981 este suceso, a un grupo de teatro que actuaba no local do Circulo Mercantil e Industrial de Fene, ó lado da gasolinera, foron insultados e mesmo quixeron agredilos e ata penso que o conseguiron, por que na obra de teatro sáia unha persoa espida. Si que era cultural o Circulo Mercantil e Industrial de Fene, e si que era progresista, liberal e democrático.
Finalmente a obra de teatro se tivera que trasladar a Sala Perla de Perlío onde foi seguida por moita xente e onde non houbo ningún tipo de incidente
Puntos:
11-04-11 11:05 #7503156 -> 7500922
Por:No Registrado
RE: Foto: o poeta perez parallé con unhos nenos
Para o 7500922.
Dí vostede que ó Circulo Mercantil e Industrial se lle autorizou a constitución no ano 1951 e tamén dí que no ano 1932(19 anos antes) se fixo a Sociedade CULTURAL e Recretativa de Barallobre e Maniños, pero vostede descoñece o seus obxectivos que se poden interpretar do nome da Sociedade.
Tamén dí que no ano 1935 (16 anos antes) se fixo a Sociedade Monumento al Caminante Desconocido que logo foi a Sociedade Cultural Recreativa e Deportiva Liga de Amigos de Barallobre e máis tarde o actual Centro de Promoción Social Liga de Amigos de Barallobre. Vostede mesmo pode ver que non era o Circulo Mercantil e Industrial(asociación de comerciantes e empresarios, que non tiña fins culturais) a primeira sociedade cultural de Fene
Puntos:
11-04-11 15:11 #7504909 -> 7503156
Por:No Registrado
RE: Foto: o poeta perez parallé con unhos nenos
Non vou eu a iniciar aqui un dialogo de besugos discutindo que e mais ou quen e menos, cal e mais nova ou mai vella nin cal e mais democrata ou mais elitista.o que dixen o dixen con coñecemento de causa,e non digo que eu descoñecera os obxetivos desa sociedade digo que se descoñecen.
Houbo outras asociacions anteriores a gerra civil que si tiñan un obxetivo ej.La Rosa en Formosende 1905 recreo,Liga de Amigos de Fene Foxas 1913 fomento do turismo,La Flora Barallobre 1920 recreo,Soc.Recreativa de Barallobre y sus contornos,recreo y cultura 1924 e algunhas mais esto on quere decir que estas sociedades fosen o orixen das que xurdiron despois.Con esto penso que pode quedar zanjado o tema.
Un saudo a todas as sociedades
Puntos:
11-04-11 18:53 #7506666 -> 7504909
Por:No Registrado
RE: Foto: o poeta perez parallé con unhos nenos
Non sei se serei un besugo ou non pero foi Vostede que afirmou que a única sociedade Cultural que había en Fene na data da fotografía éra o Circulo Mercantil e Industrial, para inmediatamente decir que xa había sociedades culturais en Barallobre e Maniños. Son as súas palabras.
Asinado:Un Ollomol
Puntos:
12-04-11 13:19 #7512152 -> 7504909
Por:No Registrado
RE: Foto: o poeta perez parallé con unhos nenos
Amigo Ollomol: Tes moita razón cando dis que nas siglas do Circulo Mercantil e Industrial de Fene nón ves o nome de CULTURAL pois tes razón que non aparece pero debese de entender que todas estas sociedades si que fan unha labor cultural,eu por o menos asi o entendo o mismo que @ C.P.S.Liga de Amigos de Barallobre que tampouco o de CULTURAL non aparece por ningures, e non quero eu decir que non o sexa.
Saudos
Puntos:
12-04-11 13:38 #7512274 -> 7504909
Por:No Registrado
RE: Foto: o poeta perez parallé con unhos nenos
Estamos a falar na data da fotografía e non do que fan hoxe as sociedades e asociacións, que todas fan actividades culturais, na data da foto o Circulo Mercantil e Industrial de Fene non era unha entidade cultural nin facía cultura. Na actualidade algunha actividade fai, aínda que non é a que máis destaca no Concello de Fene
Puntos:
24-04-11 12:49 #7601522 -> 7504909
Por:No Registrado
RE: Foto: o poeta perez parallé con unhos nenos
Si o CMI de Fene tan vinculado está a dereita, ¿como é que onte na sua sede presentouse a candidatura do PSOE coa presesencia do ministro Blanco?
Puntos:
25-04-11 08:45 #7606195 -> 7504909
Por:No Registrado
RE: Foto: o poeta perez parallé con unhos nenos
Por que o PSOE actual e a dereita son a mesma cousa
Puntos:
25-04-11 21:26 #7611549 -> 7504909
Por:No Registrado
RE: Foto: o poeta perez parallé con unhos nenos
Pois explicallo a algún dos foreiros que mais escriben aquí, a ver si eres capaz de que o entendan...
Puntos:
29-05-11 10:49 #7996935 -> 7491036
Por:No Registrado
RE: Foto: o poeta perez parallé con unhos nenos
Juan Manuel : Outra perda para o foro de Barallobre
Descanse en Paz
Puntos:
29-05-11 11:26 #7997131 -> 7996935
Por:No Registrado
RE: Foto: o poeta perez parallé con unhos nenos
Que Juan Manuel, por favor?
Puntos:
29-05-11 14:38 #7998320 -> 7997131
Por:No Registrado
RE: Foto: o poeta perez parallé con unhos nenos
"Chamosiño"
Puntos:

Tema (Autor) Ultimo Mensaje Resp
Foto: Exposición do "Pazo de Barallobre", 2014. Por: No Registrado 15-02-15 15:40
No Registrado
2
Foto: don elias cura de barallobre en botadura año 1961 Por: No Registrado 21-10-09 14:33
No Registrado
2
Foto: MELLOR TAPADA Por: No Registrado 31-10-08 20:29
No Registrado
0
Foto: Fotos de Barallobre Por: manel o da xurreira 15-04-08 10:43
manel o da xurreira
0
Simulador Plusvalia Municipal - Impuesto de Circulacion (IVTM) - Calculo Valor Venal
Foro-Ciudad.com - Ultima actualizacion:04/06/2021
Clausulas de responsabilidad y condiciones de uso de Foro-Ciudad.com