Foro- Ciudad.com

Barallobre (Santiago) - La Coruña

Poblacion:
España > La Coruña > Barallobre (Santiago) (Fene)
23-12-08 06:24 #1565888
Por:No Registrado
GASEOSA LOS 15 HERMANOS
Onte colguei unha foto da GASEOSA LOS 15 HERMANOS que se facía en Ferrol na rua Alcalde Usero polo Inferniño.Teño entendido que xa non se fabrica a dita gaseosa.Recordo os grandes camions de reparto que iban a Barallobre a levar as gaseosas é eran conducidos por algun dos 15 irmans.
Podedes vela no meu blog xurreira.blogspot.
Puntos:
23-12-08 23:31 #1568494 -> 1565888
Por:No Registrado
RE: GASEOSA LOS 15 HERMANOS
Recordo que cando chegaba o camión dos 15 Hermanos, era todo un acontecemento. Xuntábanos os rapaces do lugar, e nos agarrabamos a parte traseira do camión, de forma que cando arrancaba, ibamos un treito deslizandonos polo camiño (en eses anos non estaban asfaltados, eran de terra ou area), como facendo esquí acuático. Gañaba o que aguantaba mais tempo, o que supoñía un doble risco:

1.- A trompada que podías darte si esperabas moito tempo a soltarte, debido a velocidade que xa alcanzara o camión.

2.- A trompada que podías levar ao chegar á casa cos zapatos medio rotos.

Unha modalidade mais habitual e menos perigosa de este esquí, ainda que menos divertida, era trocando o camión polos carros de vacas, que abundaban en Barallobre naqueles anos.
Puntos:
16-02-11 12:47 #7089303 -> 1568494
Por:No Registrado
Re: gaseosa los 15 hermanos
Tamén estaban as gasosas de Servia, La Revoltosa, Pitusa, Pibal, Aullón(que tiña os Pikolos), La Pilarica e seguramente algunha máis. Tamén a cervexa Aguila Negra de Colloto
Puntos:
16-02-11 22:10 #7093653 -> 7089303
Por:popeye1948

RE: Re: gaseosa los 15 hermanos
Pois eu lémbrome de cando Servia vendía a " Servi Cola " ... nin Coca Cola nin Pepsi Cola ... senón todo o contrario ... mais do mesmo cor ...
Puntos:
17-02-11 08:24 #7095233 -> 7089303
Por:No Registrado
RE: Re: gaseosa los 15 hermanos
Tamén a cervexa Aguila Negra do Colloto, Cruz Blanca, Estella de Madrid, El León................
Puntos:
17-02-11 08:36 #7095275 -> 7095233
Por:No Registrado
RE: Re: gaseosa los 15 hermanos
Era Aguila de Madrid, que era de Fraga Iribarne
Puntos:
17-02-11 08:52 #7095319 -> 7095275
Por:No Registrado
RE: Re: gaseosa los 15 hermanos
E as gasosas de medio litro coas que no Cine Adriano, cando estaba o Canalla ou Manolete de maquinistas, bañabamos desde o galiñeiro ós do patio de butacas
Puntos:
17-02-11 11:37 #7096211 -> 1568494
Por:No Registrado
Re: gaseosa los 15 hermanos
amigo foreiro q engañado estas,teño 58 anos e non acordo, esos artefatos tan raros q dis,CARROS E VACAS,cando ti sabes q solo traballaban con tratores,e non lebes a contra, pois BARALLOBRE ,foi e sera, un lugar adiantado a todos los tempos,esi non pensas asi eres un baralloco de broma firmado un baralloco nas pontes
Puntos:
17-02-11 12:29 #7096571 -> 7096211
Por:No Registrado
RE: Re: gaseosa los 15 hermanos
....????????
Puntos:
17-02-11 14:08 #7097268 -> 7096571
Por:No Registrado
RE: Re: gaseosa los 15 hermanos
A este o fume non lle deixa ver a chimineia. E desguro que non recoñecería o enciño ata que iste lle petara no nariz.
Puntos:
17-02-11 14:29 #7097383 -> 7097268
Por:No Registrado
RE: Re: gaseosa los 15 hermanos
a ti faltache o cainzo un apear con un bon xujo....eso apretaria ben o pescozo.
Puntos:
17-02-11 21:05 #7100405 -> 7097383
Por:No Registrado
RE: Re: gaseosa los 15 hermanos
si non sabes ah guantar una broma, comprarse un bosque e perderse nel
Puntos:

Tema (Autor) Ultimo Mensaje Resp
CAMPOS DE FUTBOL EN BARALLOBRE Por: No Registrado 21-02-11 08:55
No Registrado
33
Foto: Procesion Corpus 2010 Por: No Registrado 18-07-10 20:39
No Registrado
1
LOS HAIGA EN BARALLOBRE Por: No Registrado 02-12-08 21:11
No Registrado
0
QUE SE FAI CON FONDOMAR Por: No Registrado 08-08-08 21:46
No Registrado
7
Simulador Plusvalia Municipal - Impuesto de Circulacion (IVTM) - Calculo Valor Venal
Foro-Ciudad.com - Ultima actualizacion:07/08/2020
Clausulas de responsabilidad y condiciones de uso de Foro-Ciudad.com