Foro- Ciudad.com

Barallobre (Santiago) - La Coruña

Poblacion:
España > La Coruña > Barallobre (Santiago) (Fene)
29-07-08 17:29 #1043665
Por:No Registrado
Foto: orquesta lamas lapiña y su cantante santy par



Eu vivo fora de Barallobre desde fai 40 anos.Por tanto,os meus recordos son daqéles anos.Tras ler no foro a polémica que se orixinou polos fogos da concelleira doume conta de que as festas de antes era moito mellor que as de hoxe.Eu recordo que as festa do patron o apostolo Santiago e a copatrona a Virxe do Carme vivianse na parroquia con unha grande intensidade.Os preparativos comenzaba unhos meses antes cando a xente da Comisión de Festa recoorian casa a casa pra recoller a aportacion monetaria dos veciños.Tamen se vendían rifas pra tal fin.En canto a as nosas casas,desde meses antes xa se criaban polos e coellos pra telos ben cebados e matalos dous dias antes das festas.Os asados que se comian nese dias eran exquisitos.Nos fornos da Xurreira,o de Mercedes e Rosario a atividade era total.Facianse bolas de ovo,empanadas de bacallao,bizcochadas e bolas de anis con azucar.A xente levaba as bolas nunhas tablas na cabeza.Eu era testigo de neno do que se facía nestos fornos.Recordo a Mercedes,Genoveva e a sua sobriña Merceditas.O dia antes das festas iban os gaiteiros tocando polas ruas da parroquia.A as oito da mañan do dia da festa se tiraban as bondas de palenque e era nese momento cando eu desde o campanario tocaba as campanas da igrexa.Logo viña a misa solemne cantada e a seu remate saia a procesión con o paostolo o dia 25 e con a Virxe o dia 26.Faciase a misa de campaña na riveira e logo saia polo mar a Virxe acmpañada de lanchas,motores da pedra,e botes mai pequenos hasta entrar na bahía de Astano que daquela sempre estaba cheo de barcos.Os traballadores doi asteleiro paraban e asomabanse a os barcos ou miraban desde os peiraos o paso da procesion.Era de gran emoción oir os toques dos barcos a o paso da sua patrona.Logo era a volta a o peirao de Barallobre e a subida hasta a igrexa.No campo da festa había os chamados hoxe cuiringuitos que eran bares ambulantes de copas e bebidas refrescantes.Estaban as tombola,as casetras de tiro,as voladoras,os botes,o cabaliños do tio vivo,e os carritos do helados e os postos de chicherias e golosinas.A afluencia a as festas era moi grande e pola noite celebrábase a berbena con moi boas orquestas coma esta da foro a LAMAS LAPIÑA con o animador Santy Par que eran a ledicia de grandes e nenos.Recoñezco que daquela habia moi boas orquestas casi todas elas de Ferrol.A Lopez Maldee,a Bellas Farto,a Iris,a Trebol e algunha vez Os Satélites da Coruña,...Seguro que irian moitas mais orquestas pera estas son as que mellor recordo.Desde loco os fogos de artificio nunca faltaba e pola noite a as doce paraba a orqusta de tocar pra asistir a a tirada dos fogos que era toda unha escena no ar chea de luz e color.Os fogos nunca faltaron xa que formaba parte da festa,e sempre deben estar.Quero con este comentario recordar as festas de cando eu vivin ahi.Manifesto que doume moita pena ler os comentarios enton a festa deste ano.Como eu non vivo non podo opinar.Solo desear a a xente de Barallobre que sexa mais posotiva e mais unida.Si se colabora as cousas irán moito millor.Un saudo de Manel o da Xurreira.
Puntos:
29-07-08 17:34 #1043678 -> 1043665
Por:No Registrado
RE: Foto: orquesta lamas lapiña y su cantante santy par
Naqueles tempos a afluencia todos os actos tanto relixiosos como lúdicos era masiva.
Puntos:
30-07-08 00:15 #1044917 -> 1043678
Por:No Registrado
RE: Foto: orquesta lamas lapiña y su cantante santy par
pero hoy me temo que no y hay que aceptarlo
Puntos:

Tema (Autor) Ultimo Mensaje Resp
Foto: Barallobre SD Por: No Registrado 10-01-13 18:48
No Registrado
2
Foto: Vista da Ría de Ferrol desde Barallobre Por: No Registrado 09-08-11 19:28
No Registrado
4
Foto: antigua ambulancia de astano Por: No Registrado 13-08-08 22:13
No Registrado
0
Foto: a curva da perita Por: No Registrado 16-06-08 10:29
No Registrado
1
Simulador Plusvalia Municipal - Impuesto de Circulacion (IVTM) - Calculo Valor Venal
Foro-Ciudad.com - Ultima actualizacion:09/08/2020
Clausulas de responsabilidad y condiciones de uso de Foro-Ciudad.com