Foro- Ciudad.com

Ares - La Coruña

Poblacion:
España > La Coruña > Ares
19-02-15 23:14 #12481740
Por:No Registrado
Subvencións
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as cantidades adjudicadas ós distintos concellos galegos para a contratación dun axente de emprego e desenvolvemento local, para o exercicio ¡2013!
A lentitude das administración públicas, especialmente na Xunta de Galicia, é realmente exasperante. Ó Concello de Ares correspondeulle cerca de oito mil euros, que entendemos sigue a espera de recibir.
Moi boa xestión, sr Feixoo.
Puntos:
19-02-15 23:23 #12481749 -> 12481740
Por:No Registrado
RE: Subvencións
O Concello de Ares recibirá asimismo cerca de 36000 euros para o fomento do emprego (ano 2013), é decir, para a contratación de desempregados para a realización de diversas obras e servicios.
Puntos:
15-06-15 21:46 #12697854 -> 12481749
Por:No Registrado
RE: Subvencións
O Pleno aproba unha modificación de crédito para a execución de obras, co voto en contra do PP e o BNG
06 xuño 2015

O grupo de goberno do Concello de Ares, do PSOE, logrou sacar adiante no Pleno celebrado onte unha modificación de crédito que permitirá a execución de diversas obras no municipio, e isto a pesar da pinza formada polo PP e o BNG, que rexeitaron a iniciativa para tratar de tumbar, unha vez máis, as propostas do grupo de goberno municipal.
Neste sentido,o alcalde en funcións, Julio Iglesias, sinalou que grazas á modificación de crédito aprobada onte poderanse executar varias obras, que dependen de subvencións concedidas ao Concello e da aportación municipal ás mesmas, polo que non entende a postura de populares e nacionalistas, e a súa negativa a que se podan levar a cabo proxectos tan importantes para os veciños do municipio.
Iglesias indicou que o Concello dedicará o modificado de 310.000 euros a unha serie de actuacións de mellora que incluén obras tanto no casco urbano como nas parroquias, tales como un Centro de Transformación para a casa do Concello e os edificios do seu entorno, a construcción dunha pista polideportiva en Pedrós, a execución dun parque infantil e biosaludable en Pedrós, a mellora do alumeado no caso urbano ou a reforma dun edificio municipal para centro sociocomunitario, que tamén funcionará como centro de saúde provisional durante a construcción do novo, entre outras actuacións.
Deste xeito, o modificado permitirá a dotación dun Centro Transformador ao edificio do Concello, que suporá reforzar a electricidade nos edificios do entorno do consistorio e o mercado. Esta obra conta cun importe de 64.000 euros.
Outra das inversión que se contempla é a execución dunha pista polideportiva en Pedrós, cunha inversión total de 96.755,85 euros, e que suporá incrementar a oferta en infraestruturas e novos equipamentos do complexo deportivo de Pedrós que permitirá a práctica de novos deportes, como o baloncesto, aos xóvenes.
Outra partida do modificado de crédito irá destinada á reforma do alumeado público no casco urbano de Ares (cun presuposto de 39.997,50 euros), a cal implica a sustitución das luminarias actuais por outras de baixo consumo. Outra das actuacións que inclúe o modificado é a execución de reforma dun edificio municipal para centro sociocomunitario. A obra, que ten un presuposto de 105.846,73 euros, permitirá tanto á veciñanza como ás entidades e asociacións municipais contar cun espazo no que levar a cabo diversas actividades. Ademais, o edificio servirá como centro de saúde provisional durante a execución das obras de construcción do novo, que xa conta coa licencia municipal. Tamén neste modificado contémplase a construcción dun parque infantil e biosaludable en Pedrós, unha actuación que conta cun presuposto de 27.0939, 82 euros e servirá para dotar a este lugar do municipio dun equipamento de ocio e encontro veciñal.
Todas estas actuacións sufragaranse con subvencións doutras administracións e contan con aportación municipal para as mesmas, polo que a súa aprobación permitirá á administración local poder levalas a cabo, coa incomprensible oposición do BNG e do PP.
Puntos:

Tema (Autor) Ultimo Mensaje Resp
Ares - Deuda viva del Ayuntamiento a 31/12/2019 Por: Foro-ciudad.com 30-06-20 14:52
Foro-ciudad.com
1
Estrada de Chanteiro Por: No Registrado 08-11-15 14:05
No Registrado
4
Gestión del agua Por: No Registrado 14-12-13 09:41
No Registrado
2
ARES - Elecciones Generales 2008 Por: Generales2008 10-03-08 00:02
Generales2008
0
Simulador Plusvalia Municipal - Impuesto de Circulacion (IVTM) - Calculo Valor Venal
Foro-Ciudad.com - Ultima actualizacion:08/08/2020
Clausulas de responsabilidad y condiciones de uso de Foro-Ciudad.com