Foro- Ciudad.com

Ames - La Coruña

Poblacion:
España > La Coruña > Ames
29-05-11 13:35 #7997988
Por:No Registrado
Progama oficial do Pp de Ames 2011-2015
1. XESTIÓN ECONÓMICA E IMPOSTOS

ØFaremos un plan de equilibrio financeiro e control orzamentario.

ØPracticaremos a austeridade e controlaremos o gasto.

ØConxelaremos todos os impostos que as disposicións legais permitan.

ØRevisaremos á baixa as taxas municipais.



2. EDUCACIÓN E CULTURA

-Manteremos e melloraremos os comedores escolares.

-Daremos estabilidade aos traballadores.

-Pediremos ciclos de Formación Profesional, medio e superior, para o novo instituto de Milladoiro.

-Teremos unha Escola Superior de Música e unha Escola Oficial de Idiomas.



3. MAiORES E DEPENDENTES

-Crearemos un centro de día para Ames.

-Aumentaremos os servizos de atención aos nosos maiores e dependentes.

-Fomentaremos a asistencia domiciliaria, promoveremos a formación das persoas coidadoras co fin de mellorar o seu traballo e facilitarlles unha saída laboral no futuro.



4. IGUALDADE E TRABALLO

ØPromoveremos programas para o fomento do emprego.

ØRealizaremos programas de formación e cualificación para facilitar e mellorar o emprego.

ØMelloraremos os servizos de apoio á conciliación da vida persoal, laboral e familiar.

ØAxudaremos a instalarse no noso concello a empresas que creen emprego.



5. TRANSPORTE

-Faremos un estudo de viabilidade para a implantación do transporte urbano en todo o termo municipal.

-Elaboraremos un estudo de viabilidade para o establecemento de rutas permanentes.



6. SEGURIDADE

-Reforzaremos a presenza policial en todo o concello, cunha dotación permanente no Milladoiro e área de influenza.

-Faremos un estudo integral de seguridade viaria para todo o concello.



7. XUVENTUDE

-Fomentaremos as escolas deportivas sen límite de idade.

-Crearemos bibliotecas para o estudo, cun horario amplo.

-Sentaremos as bases para crear unha gran área deportiva, de ocio e tempo libre.



8. INFRAESTRUTURAS E URBANISMO

-Vertebraremos o concello para poder dar servizos máis eficientes.

-Elaboraremos os proxectos de reurbanización dos dous núcleos urbanos.

-Planificaremos áreas de aparcamento en Milladoiro e Bertamiráns.

-Todas as informacións de carácter urbanístico solicitadas polos veciños serán expedidas en 10 días, como prazo máximo.

-Xestionaremos ante as administracións competentes todas as grandes infraestruturas necesarias para o noso concello.



9. NOVAS TECNOLOXÍAS

-Implantaremos a tramitación telemática de todos os procedementos administrativos mediante o programa “O concello na túa casa”.

-Implantaremos conexión de banda ancha en todo o concello, con especial atención ao rural.



10. MEDIO AMBIENTE

-Revisaremos o saneamento e abastecemento, co fin de modernizar e finalizar as redes.

-Ampliaremos a E.D.A.R de Sisalde, como punto de partida para a recuperación integral do Río Sar, ao seu paso por Ames.

-Crearemos un novo punto limpo no norte do concello.



11. DEPORTES

-Fomentaremos a práctica deportiva para todas as idades, en especial todos os deportes en contacto ca natureza.

-Impulsaremos e dignificaremos as escolas deportivas, máis ala dos 14 anos.

-Sentaremos as bases dunha gran área de instalacións deportivas, culturais e de lecer.

-Recuperaremos e manteremos todas as zonas deportivas do concello.



12. RURAL

-Terminación das beirarrúas e recuperación dos tramos deteriorados.

-Mellora do alumeado alí onde faga falta e racionalización do mesmo.

-Limpeza de cunetas e reparación das pistas.

-Numeración.

-Terminación do abastecemento e saneamento.

-Melloras das comunicacións: TV, internet,…

-Impulsaremos e remataremos as concentracións parcelarias onde están pendentes.

-Atenderemos ao acondicionamento das pistas forestais e agrarias.

-Melloraremos a instalarse no noso concello o transporte, co reforzo das liñas existentes e creación de novas liñas de conexión entre ás parroquias, os grandes núcleos e Santiago.
Puntos:
08-03-15 15:21 #12500138 -> 7997988
Por:No Registrado
RE: Progama oficial do Pp de Ames 2011-2015
Fixeron unha merda de todo iso, so subiron impostos¡¡
Puntos:
29-03-15 13:05 #12544519 -> 7997988
Por:No Registrado
RE: Progama oficial do Pp de Ames 2011-2015
Sonriente ahora a copiar y pegar para este 2015¡¡
Puntos:

Tema (Autor) Ultimo Mensaje Resp
Elecciones Europeas 2014 - Resultados electorales Ames Por: Foro-Ciudad.com 26-05-14 02:26
Foro-Ciudad.com
0
A banda estreita da cabeza de Amor e compañía.... Por: No Registrado 01-05-11 19:35
No Registrado
0
Expedientes na brigada de obras de ames Por: No Registrado 13-03-11 13:23
No Registrado
5
Resultado Elecciones Locales 2007 en Ames. Por: Locales2007 28-05-07 01:04
Locales2007
0
Simulador Plusvalia Municipal - Impuesto de Circulacion (IVTM) - Calculo Valor Venal
Foro-Ciudad.com - Ultima actualizacion:08/08/2020
Clausulas de responsabilidad y condiciones de uso de Foro-Ciudad.com